TeatroIgualdadeBerberecheiralab

Anatomía dunha serea

Data de estrea: 18-10-2018

Una producción sembrada en la Berberecheira de Chévere con el apoyo de Concello de Teo y Agadic. Agradecemientos: Concello de Moaña.

Non hai datas programadas


Ver anteriores datas

Henrique Mariño
Diario Público, 19 xullo 2018 
La violencia contra la mujer durante el parto.

Culturagalega.gal 
Culturagalega.gal, 18 outubro 2018
A violencia obstétrica sobre as táboas.

Afonso Becerra 
Artezblai. El periódico de las Artes Escénicas. 15 abril 2019 
El ajuste de cuentas en escena de Iria Pinheiro.

Dores Tembrás 
Luzes, 21 marzo 2019 
O relato tribal que debemos escoitar.

Máis datas a partir de setembro
"Anatomía dunha serea" naceu da necesidade de contar unha historia íntima, de transformar un evento único e ao mesmo tempo común para moitas mulleres nun acto de escenario compartido. Unha historia aparentemente unipersonal e illada que de súpeto faise eco noutras persoas do mundo, converténdose nunha historia global contada desde unha soa voz.

Cando Iria Pinheiro entrou no hospital para dar a luz cunha rotura de bolsa amniótica, non sabía que nas horas seguintes cambiaría a súa vida para sempre. Varios días despois deixou o edificio mutilada, coa sensación de ter sido enganada e sen o seu fillo. Foi abandonada polo sistema e tivo que xestionar a dor e a recuperación en soidade. Pero pronto descubriu que non era a única muller mutilada no momento do parto. Investiga nas redes e busca testemuños en todo o mundo. Foi entón cando se convenceu da necesidade de abrir un camiño para outras mulleres, contando a súa historia no espazo público cos medios ao seu alcance: os que proporciona o seu traballo no escenario.

"Anatomía dunha serea" é un proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala sobre as condicións nas que se produce a vida na sociedade actual, como concibimos a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico,de  como asumimos violencia contra as mulleres nun hospital ou nunha sala de partos. Fala sobre violencia de xénero en lugares insospeitados. Da falta de respecto pola privacidade nas contornas sanitarias e de certos tabús que persisten na sociedade hoxe e aquí.

As mulleres e os homes teñen responsabilidade no que se conta nesta peza e temos a posibilidade de cambiar o relato e a historia.