Projects

No verán do 2024 comezamos a traballar nun novo proxecto de creación que toma como punto de partida o cadro de Castelao titulado “A derradeira leición do mestre”.

En setembro volve a Ultranoite á Capitol! O cabaré político que fai escarnio coa actualidade enfróntase a un mundo dominado por ultrarricos. Humor sen arancel. Crítica con denominación de orixe.

Esta tempada a Ultranoite volve á Compostela para se presentar na Sala Capitol. As primeiras funcións faranse no Nadal: venres 27, sábado 28 decembro, e venres 3, sábado 4 e domingo 5 de xaneiro!

Dezaseis anos despois, a Ultranoite volve ao Culturgal para examinar o estado da cultura galega e achegarse a algúns dos seus lugares comúns

A Ultranoite é unha batea teatral con infinidade de cordas somerxidas cheas de números feitos ao longo de trinta anos. No Festival Maré volvemos sacar á superficie unha escolma de números históricos.

Unha campaña espallada polas redes sociais afirma que Helen Keller é un fake e inclúe unha petición en change.org para eliminala da historia. Por que se nega a Helen Keller agora?

A Ultranoite cumpre 30 anos e celebra a súa edición 112 recuncando no salón de baile do Liceo de Noia para gozar como é debido dun espectáculo de variedades que fai un repaso crítico da actualidade

Esta é unha versión adaptada a espazos que non dispoñan de tremoia. O contido da obra e as escenas mantense integramente. Só se prescinde dos elementos colgados e dos movementos das varas.

Logo de catro anos volve un dos espectáculos máis queridos polo público: a Ultranoite, que nos acompaña case dende o nacemento da compalía e vai xa pola súa edición número 111.

No 2022 Chévere cumpre 35 anos faenando con artes escénicas sostibles e imos celebrar que o grupo segue en boa forma e traballando arreo, ofrecendo un lote de propostas fresquiñas durante o outono.

A memoria ás veces é tan pegañenta como o chapapote. Por iso acabamos por levar ao escenario a historia da catástrofe do Prestige.

Unha peza que ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, thriller e autoficción.

Unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia personal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica.

Nove persoas pechadas nun programa de telerrealidade reviven inconscientes o crú e duro retablo de avaricia, luxuria e morte que Valle Inclán construíu para as súas Divinas Palabras.

Maratón escénico para celebrar o 30 aniversario de Chévere en Compostela volvendo a montar tres das súas obras míticas en tres espazos de Compostela.

Goldi Libre. Autorretrato dun insubmiso preso nos cárceres de Felipe González. Un traballo de teatro documento sobre a insubmisión a partir do testemuño de César Goldi, condenado a prisión en 1993.

Unha obra que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas in situ.

Un cabaré nihilista que bebe das fontes de Celso Emilio Ferreiro e Jonathan Swift para facer un percorrido satírico sobre este paseo marítimo que chamamos Galicia.

Unha experiencia teatral para compartir co público nas distancias curtas. Se queres dar o paso, non tes máis que abrir a porta e entrar, cada personaxe está nunha habitación coas súas circunstancias.

Terceira parte da triloxía sobre a globalización e o imperio Zara. Unha peza de economía ficción baseada na crise financeira de 2008.

Segunda parte da triloxía sobre a globalización e o imperio Zara, centrada na experiencia de milleiros de mulleres cooperativistas galegas.

Primeira parte da triloxía sobre a globalización feita a partir da historia de A.O., un empresario galego do téxtil que se converte nunha das persoas máis ricas do mundo no último terzo do s XX.

Espectáculo retrofuturista que fala do impacto dunha tecnoloxía do S.XXI, a nanotecnoloxía, usando unha estética do S.XIX.

Espectáculo musical, teatral, circense e audiovisual de ambientación submarina, feito dentro dunha carpa de circo, con participación de 42 artistas de distintas disciplinas e procedencias.

EscapÁrate! é un proxecto que usa o teatro como ferramenta para a dinamización do pequeno comercio e os escaparates como escenarios para incentivar o consumo responsable.

Unha revisitación do grelo-western mítico de Chévere. Un musical en directo. Unha comedia disparatada. Unha festa teatral para disfrute de todos os públicos que doce anos despois segue case igual.

Unha sátira radiofónica sobre a primeira misión galega ao espazo exterior. Xente que escribe, actúa, dirixe, fai música e edita o son para crear un texto totalmente novo e plural.

Un espectáculo multimedia para todos os públicos no que o público e os actores comparten un mesmo espazo reducido situados dentro dunha carpa inchable: a cúpula amniótica, o viveiro orgánico.

A partir do relato de Julio Cortázar, Casa Tomada é un espectáculo na rúa no que teatro, música, performance, vídeo e instalación déronse a man para alertar dun futuro dominado polo turismo de masas.

Un espectáculo que reproduce as situacións dun partido de fútbol coa particular loucura do clown, case sen palabras, cheo de cor e movimento, risas e bágoas, éxitos e fracasos.

Ana é extrovertida, exuberante, arrebatadora. Un cruce de camiños entre La Bella Otero e La Polaca. Javi é eficaz, discreto, impasible. O Show Sincero é o anaco de imán que agrupa os dous polos.

Un poema escénico baseado no refraneiro homónimo de Manuel Cortés. Tópicos, mitos, frases feitas e xogos de palabras sobre bechos e animais que falan de comportamentos e prexuízos moi humanos.

O Valle Inclán Pirata é un escenario flotante dirixido pola xente do Trigo Limpo (Portugal) e do Chévere (Galicia) para o saqueo teatral da costa atlántica da Península Ibérica, a bordo dunha goleta.

Unha obra ideada para se presentar ao aire libre, adaptable a todo tipo de espazos, cun menú amplo e variado de números que admiten infinitas combinacións, facendo que cada noite sexa única.

Tres mulleres á busca do Cabaret Tan Tan, a forma alquímica do espectáculo. Números musicais e lumpen-cabaré con grandes doses de humor e de crítica.

Sátira clown sen palabras protagonizada por tres clowns convertidos autoridades VIP (Very Important Persons), que veñen inaugurar a Máquina Total.

Unha serie de intervencións escénicas en distintos espazos da cidade planeadas como a rodaxe dun culebrón de televisión.

Planeado como un congreso onde os relatores son actores e actrices e o público asume o papel de congresistas, foi un proxecto de intervención escénica en distintos espazos da cidade durante tres días.

Unha versión disparatada, irrreverente e iconoclasta do texto de Josep Mª Bernet, convertido en apaixoado e fundacional teatro feito a pé de rúa.

Algarabía teatral composta por unha sucesión de sketches situados no traxecto que vai da cidade de Santiago de Compostela á praia de Baroña.