Aplicamos a perspectiva de xénero a todos os nosos traballos e usamos o teatro como ferramenta para a sensibilización social sobre a igualdade entre homes e mulleres, para loitar contra as violencias machistas, para denunciar o sexismo que aínda perdura na sociedade, para ofrecer referentes de mulleres fortes e orgullosas de si mesmas, para expoñer outras identidades sexuais e de xénero.

TeatroIgualdade
As Fillas Bravas e o mito de Casandra

Tres mulleres maiores de aldea cantareiras e bravas tratan de entender o cambio climático a través dos mitos clásicos para facerlle fronte aplicando a sabedoría popular e o humor.

IgualdadeObradoiros
Mulleronas

Neste obradoiro dirixido a mulleres propoñemos un achegamento ao teatro e á actuación para xogar e aprender a actuar coma unha mesma.

Igualdade
O día que as mulleres gobernemos o mundo todo será distinto

Charla teatralizada en colaboración con Promove, sobre a igualdade entre homes e mulleres e sobre os prexuízos que siguen rodeando a percepción socail do feminismo.

TeatroIgualdadeBerberecheiralab
Anatomía dunha serea

Unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia personal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica.

TeatroIgualdade
As Fillas Bravas

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta, porque son fillas do vento, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

IgualdadeOutros proxectos
EscapÁrate contra a violencia machista

Intervencións escénicas en distintos escaparates da cidade contra a violencia machista, coa fin de concienciar a un público amplo desde a proximidade, o humor e a empatía.

TeatroIgualdade
I'll be watching you

Proxecto pedagóxico, teatral, lúdico e musical que analiza os roles de xénero que transmiten as cancións de temática amorosa da música de consumo masivo.

TeatroIgualdade
Testosterona

O espectáculo clave na traxectoria de Chévere que marcou unha inflexión no discurso da compañía. Testosterona é unha obra que cuestiona a división normativa da sociedade en dous sexos.

Queres propoñer algo a Chévere?