A Berberecheira é unha iniciativa de custodia do territorio teatral. Abrimos un paraugas Chévere para gorecerse e acompañar outros procesos baixo esta chuvia incesante de precariedade. De aí nace a idea de construír este espazo de cría e coidado no que outra xente allea ao núcleo da compañía puidese desenvolver os seus proxectos persoais, usando como soporte a estrutura, os medios, o coñecemento e a experiencia de Chévere.

TeatroIgualdadeBerberecheiralab
Anatomía dunha serea

Unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia personal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica.

Berberecheiralab
Salvador

Unha historia de Borja Fernández sobre a descuberta do seu avó emigrado no Brasil e o impacto das ausencias. Unha historia sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os encontros.

TeatroBerberecheiralab
Goldi Libre

Goldi Libre. Autorretrato dun insubmiso preso nos cárceres de Felipe González. Un traballo de teatro documento sobre a insubmisión a partir do testemuño de César Goldi, condenado a prisión en 1993.