
As Fillas Bravas e o mito de Casandra
Nesta nova obra, As Fillas Bravas usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para artellar a súa conversa cantada. As Fillas Bravas e o mito de Casandra é, por un lado, unha obra na que tres mulleres maiores de aldea tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando a sabedoría popular; e por outro, é unha obra con perspectiva de xénero á procura doutros modelos de empoderamento feminino.
Helen Keller, a muller marabilla?

Unha campaña espallada polas redes sociais afirma que Helen Keller é un fake e inclúe unha petición en change.org para eliminala da historia. Por que se nega a Helen Keller agora?
Ultranoite #112

A Ultranoite cumpre 30 anos e celebra a súa edición 112 recuncando no salón de baile do Liceo de Noia para gozar como é debido dun espectáculo de variedades que fai un repaso crítico da actualidade
Narrativas de futuro

Imaxinar futuros desexables que poidan inspirar os cambios necesarios para superar o cambio climático é o obxectivo deste proxecto en común de Chévere, Feitoría Verde e grupo SEPA da USC.
Materiais para un arquivo da cultura submarina. Sala Nasa. 1992-2011

Exposición. Selección de materiales procedentes del archivo de la Sala Nasa.
N.E.V.E.R.M.O.R.E. (versión adaptada)

Esta é unha versión adaptada a espazos que non dispoñan de tremoia. O contido da obra e as escenas mantense integramente. Só se prescinde dos elementos colgados e dos movementos das varas.
O Navegante (unha viaxe a bordo da Sala Nasa)

Unha novela gráfica que reconstrúe e recrea a memoria da Sala Nasa (1992-2011) desde a mirada dun neno que se criou entre as súas paredes.
CHÉVERE (1987-2022) Trinta e cinco anos de axitación cultural

Un libro-catálogo que adopta a forma dunha autobiografía dialogada para documentar as historias que se cruzaron na traxectoria do grupo Chévere
Pequenas mentiras para contar grandes verdades

Conferencia performativa de Patricia de Lorenzo sobre o proceso de creación dalgúns dos personaxes que interpretou nas obras de Chévere nos últimos quince anos.
N.E.V.E.R.M.O.R.E.

A memoria ás veces é tan pegañenta como o chapapote. Por iso acabamos por levar ao escenario a historia da catástrofe do Prestige.
Dramawalker Vite

Un proceso de mediación e creación escénica sobre a memoria do barrio de Vite guiado pollo grupo Chévere, e feito en coproducción co Centro Dramático Nacional e o Centro Dramático Galego.
Curva España

Unha peza que ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, thriller e autoficción.
Eroski Paraíso, o filme

Adpatación cinematográfica da obra de teatro orixinal de Chévere. Unha comedia documental sobre o desarraigo de toda unha xeración.
O día que as mulleres gobernemos o mundo todo será distinto

Charla teatralizada en colaboración con Promove, sobre a igualdade entre homes e mulleres e sobre os prexuízos que siguen rodeando a percepción socail do feminismo.
Anatomía dunha serea

Unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia personal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica.
As Fillas Bravas de Momán

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta, porque son fillas do vento, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.