Projects
Para nós o teatro é unha práctica transversal que pode resultar útil en moitas outras áreas de actividade, pola súa eficacia para transmitir e conectar coas persoas. Fixemos numerosos proxectos relacionados coa divulgación científica, co turismo, co comercio de proximidade e tamén temos experiencia na dirección artística e execución de todo tipo de eventos culturais (galas, entregas de premio, presentacións, asesoramento, etc.).

No mes de maio de 2025 Kalandraka Editora publica en forma de libro o texto das Fillas Bravas de Momán cun completo apéndice fotográfico. Está dispoñible en todas as librarías galegas

Presentamos o documento elaborado nun Grupo de Traballo mixto formado por persoas xordas, intérpretes de lingua de signos e o equipo do grupo Chévere.

Imaxinar futuros desexables que poidan inspirar os cambios necesarios para superar o cambio climático é o obxectivo deste proxecto en común de Chévere, Feitoría Verde e grupo SEPA da USC.

Unha novela gráfica que reconstrúe e recrea a memoria da Sala Nasa (1992-2011) desde a mirada dun neno que se criou entre as súas paredes.

Un libro-catálogo que adopta a forma dunha autobiografía dialogada para documentar as historias que se cruzaron na traxectoria do grupo Chévere

No 2022 Chévere cumpre 35 anos faenando con artes escénicas sostibles e imos celebrar que o grupo segue en boa forma e traballando arreo, ofrecendo un lote de propostas fresquiñas durante o outono.

Conferencia performativa de Patricia de Lorenzo sobre o proceso de creación dalgúns dos personaxes que interpretou nas obras de Chévere nos últimos quince anos.

Intervención sonora colaborativa no Xardín Botánico de Padrón, feita coas persoas participantes no obradoiro cidadán "Do desequilbrio aos soños compartidos: narrativas de futuro sostibles"

Un roteiro guiado polas Fillas Bravas para descubir o patrimonio natural, cultural e etnográfico da aldea de Penelas.

Relato transmedia publicado en twitter ao longo de todo un día, feito para a sección #Historiasenhilo de La Ventana del CDN, unha ventá escénica de garda para seguir creando en tempos de Covid-19.

Un libro que documenta o proceso de creación dos proxectos sementados na Berberecheira entre 2016 e 2019: Goldi Libre, Salvador e Anatomía dunha serea.

Proxecto desenvolvido por Chévere en Teo como compañía residente para fomentar a integración social a través da creatividade compartida.

Esta gala foi unha celebración da nosa identidade cultural, unha mostra orgullosa do que construímos colectivamente en Galicia arredor da lingua, da cultura e do teatro durante 100 anos.

Chévere documenta neste libro a historia da Ultranoite, unha experiencia de autodeterminación teatral iniciada en 1993 na Sala Nasa. Inclúe un DVD con vídeos históricos e un CD con músicas.

Un proxecto de teatro comunitario feito entre un grupo de comerciantes, veciños e veciñas de Cacheiras (Teo) e o equipo Chévere, que se levou a cabo durante dous anos.

Unha experiencia teatral para compartir co público nas distancias curtas. Se queres dar o paso, non tes máis que abrir a porta e entrar, cada personaxe está nunha habitación coas súas circunstancias.

Intervencións escénicas en distintos escaparates da cidade contra a violencia machista, coa fin de concienciar a un público amplo desde a proximidade, o humor e a empatía.

Proxecto concebido para experimentar coas novas posibilidades dramatúrxicas que ofrece internet e aplicar a narrativa transmedia á creación teatral.

Un libro-dvd que documenta as prácticas ligadas á improvisación musical que acolleu a Nasa ata 2011.

Espectáculo retrofuturista que fala do impacto dunha tecnoloxía do S.XXI, a nanotecnoloxía, usando unha estética do S.XIX.

EscapÁrate! é un proxecto que usa o teatro como ferramenta para a dinamización do pequeno comercio e os escaparates como escenarios para incentivar o consumo responsable.