Teatro

Eroski Paraíso

Data de estrea: 07-03-2016

Unha produción Chévere que contou coa axuda de Agadic-Xunta de Galicia e Concello de Teo e coa colaboración do Concello de Muros e Eroski. O noso agradecementos ás traballadoras do Eroski de Muros, a Manolo Caamaño, Tucho Carou, Avelino Ajeitos, Pepe do Cuco, Santiago Dareina, Jose María, Ángel, Maru, Madi, Francisco Duarte, Feiraco, Escurís, Rianxeira e a toda a xente de Muros e Mazaricos que nos contou algunha historia que dun xeito ou doutro está presente nesta obra.

Non hai datas programadas


Ver anteriores datas
http://redenasa.tv/en/share/video/1096/

Raquel Vidales
El País, 8 marzo 2016  
Del paraíso al supermercado, así cayó el Estado de bienestar..

Javier Vallejo 
El País, 17 febreiro 2017 
Adán y Eva en el híper.

Roi Vidal Ponte 
Erregueté Revista galega de teatro, 20 xuño 2016 
O segredo do humor.

Camilo Franco 
El Progreso, 10 abril 2016 
Sen memoria non queda paraíso.

Afonso Becerra 
Artezblai, periódico de las Artes Escénicas, 7 agosto 2016 
Eroski Paraíso y lo que venimos siendo.

Hugo Álvarez 
Butaca en anfiteatro, 27 xullo 2016 
Eroski Paraíso o regreso al hogar.

El Confidencial 
El Confidencial 23 xaneiro 2017
El estado de Bienestar tiene forma de supermercado.

Como outras pezas de Chévere, Eroski Paraíso é o resultado dun proceso de procura de varios meses que logo se concreta no local de ensaio. Nesta ocasión fíxose un traballo de documentación previo sobre a sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990. Alí coñecéronse Eva Martínez e Antonio Formoso en 1989, como tantas outras parellas da zona. Ela tiña 19 anos, el 25.

Casaron ao quedar ela embarazada e a súa filla Alexandra (Álex) naceu ao ano seguinte, xusto cando pechou a Paraíso. Logo emigraron e andaron a tombos dun lado a outro deixando que a vida decidise por eles. Vintecinco anos despois, atopamos a Eva de volta en Muros coidando de seu pai e traballando no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas. Antonio segue en Canarias. Álex acaba de rematar un máster de cine en Barcelona e viaxa a Muros para facer o seu primeiro documental. Unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que as súas vidas abriron entre aquel paraíso e este supermercado, un retrato do desarraigo vital de toda unha xeración.

Eroski Paraíso é o título que lle puxo á súa película. E esta obra é un convite para asistir a unha das sesións de rodaxe.