Teatro

Río Bravo 02

Data de estrea: 10-10-2002

Produción de Chévere coa axuda do IGAEM. 71 funcións. 21528 espectadoras-es.

Hai alguén que aínda non vise Río Bravo?

Se hai un espectáculo que marcou o carácter de Chévere nos seus inicios foi Río Bravo.

Coa celebrada revisitación do mito comprobamos queRío Bravo está no mesmo sitio. Non mudou de ubicación nin de apariencia. Os personaxes, os ambientes, a aventura, en definitiva, segue sendo a mesma. E algúns dos que o fan posible tamén. Outros non. Un musical en directo. Unha comedia disparatada. Unha festa teatral para disfrute de todos os públicos. Doce anos despois coma se fose hoxe.