Teatro

Órbita Mutante

Un espectáculo ideado para se representar ao aire libre, pero adaptable tamén a todo tipo de espazos, cun menú amplo e variado de números que admiten infinitas combinacións, facendo que cada noite sexa única. Unha nova maneira de ver o teatro e de escoitar música mesturando todo: cabaré, jazz, hip hop, pop, carrusel teatral, pasarrúas anfibio, pandeireteiras travestidas... Un exercicio de zapping teatral en directo para encaixar no solleiro mundo da pachanga.