TeatroFicción sonora

Radio universo

Data de estrea: 01-03-2002

Unha coprodución de Chévere e a Nasa para o Festival Alternativa 2002. Agradecementos: Nazaret López

Unha proposta de creación colectiva que reúne a xente que escribe, actúa, dirixe, fai música e edita o son co fin de xerar un texto totalmente novo e plural. A idea é traballar sobre un formato de serial radiofónico, adoptando as formas e as maneiras dun xénero popular como a ciencia ficción para armar unha historia de humor satírico, unha provocación contra estes tempos de mesquindade, mediocridade e censura latente. Galicia século XXL. Desde a Lanzadeira EVAX1 (Estación de Vixilancia Aeroespacial Xeoestratéxica) do Monte Gaiás, acaba de ser enviada ao espazo a primeira nave 100% galega para colonizar os últimos confíns do universo.

Espectáculo de teatro radiofónico sobre a primeira misión galega ao espazo exterior.
Dez capítulos de quince minutos emitidos por Cadena Noroeste en marzo de 2002.