Teatro

Salomé

Xudea. Ano XXX D.C. Corren malos tempos nas terras de Palestina e a coroa de Herodes está en perigo. O rei da Capadocia prepara u exército contra el. Os árabes acampan á beira do Mar Morto. Os xudeos están descontentos polos costumes idólatras impostos por Roma. No deserto un profeta anuncia a chegada do novo rei. Na súa fortaleza de Marquerús, Herodes agarda a axuda de Roma e hoxe, con motivo do seu aniversario, ofrécelle un banquete aos xefes das súas tropas, aos seus administrdores e aos seus aliados.

O  extravagante sentido do humor e a actitude irrespetuosa de Wilde encaixaban perfectamente coa irreverente mirada de Chévere. Fixemos unha lectura literal do texto, buscando novos significados ao traducir o sentido orixinal a imaxes actuais. Foi unha operación retrofuturista, incorporamos a estética e a tecnoloxía actual a un drama histórico localizado en tempos do Imperio Romano. Así conseguimos que Xesucristo atravesara o Mar de Galilea nunha táboa de windsurf, que Herodes tivese comunicación con Roma por videoconferencia ou que o seu palacio estivese dentro dun paquete de Camel. Era coma un tebeo teatral, unha historieta debuxada con personaxes que ben poderían ter saído do Víbora.