Outros proxectos

De Parto a Omega: 10 anos de improvisación libre

Data de estrea: 30-04-2011

De Parto a Omega: 10 anos de improvisación libre é un libro-dvd para documentar as prácticas experimentais ligadas á improvisación musical que acolleu a Nasa ata 2011. A publicación intégrase na colección Ultratexos Documenta, apoiada pola concellería de Cultura do concello de Santiago. O libro conta con textos escritos expresamente pra esta edición por Marcos Lorenzo, Patxi Valera, Llorenç Barber, Chema Chacón e Wade Mathews e inclúe ademais fotografías, un cronograma de concertos realizados na Sala Nasa entre 2001 e 2011, un índice de artistas, colectivos e grupos e un DVD con algunhas das actuacións.