Teatro

Curva España

Data de estrea: 25-07-2019

Unha produción de Chévere en co-produción con Teatros del Canal, MIT Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Concello de Teo, co apoio de AGADIC (Xunta de Galicia)

Non hai datas programadas


Ver anteriores datas

Fabrice Corrons
Investigador, profesor da Université Toulouse Jean Jaurès
Unha obra intelixente, honesta e afouta.

Afonso Becerra
Artezblai, el periódico de las artes escénicas. 29 xullo 2019
Curva España es un atrevimiento que nos invita a jugar, a fabular, y a repensar el terreno que pisamos.

Manuel Xestoso
Erregueté revista galega de teatro, 30 de xullo 2019
Chévere xoga con honestidade e humildade, deixándolle ao público o papel do detective que establece como sucederon os feitos.

Ángel Esteban Monje
Kritilo 8 de marzo 2020
Curva España es una propuesta astuta, repleta de capas, extraordinariamente inteligente y que trata al espectador con igual inteligencia, exigiéndole un compromiso intelectual y estético -y encima con sentido del humor-. Qué más se puede pedir a una obra de teatro.

José Miguel Vila
Diario Crítico 10 de marzo 2020
El montaje es hipnótico, embelesante, divertido, ágil, magnético, fascinante y constituye todo un brillante ejercicio de teatro documental.

Javier Vallejo
El País 11 marzo 2020
Chévere, compañía compostelana especialista en meter el dedo en la llaga (o en el ojo, a falta de aquella), hace esta vez cabriolas sobre un cable tendido entre realidad y ficción.

Juan María Brausen
Hoy por hoy Avilés (Cadena SER) 19 octubre 2020
La impagable e imprescindible compañía teatral gallega, con la leyenda popular sobre una muerte buscada o hallada en una carretera de Ourense, patria del astur-galego Feijoo, desentraña y nos muestra en un absorbente y narrativo montaje teatral la mentira de las verdades y la verdad de las mentiras.

Laia Garriga
El Español 12 diciembre 2022
Exhibiendo una elaborada y atractiva historia, la obra mantiene al espectador pegado a su asiento gracias a un ejercicio narrativo en el que el thriller nos abre la puerta a una representación dotada de un punto de vista único.

Gabriel Sevilla
Recomana 8 diciembre 2022
Frente al vértigo de tanta curva, uno puede cerrar los ojos y resignarse al fatídico “España y yo somos así” de Eduardo Marquina. O puede agitarse teatralmente y preguntar, parafraseando al Nobel peruano, ¿en qué momento se jodió España? Chévere tiene una respuesta que vale la pena escuchar.

Santi Fondevila
Ara.cat 9 decembro 2022
Un esplèndid treball on es barreja realitat i ficció, on es viatja del passat al present i al futur en una dramatúrgia amb aires de novel·la de misteri i clares denúncies del funcionament del país.

DERRADEIRAS FUNCIÓNS

A historia da curva na que se matou España.

Nos últimos anos Chévere realizou unha serie de traballos que exploraron as posibiliades do teatro-documento e a memoria colectiva como detonantes dunha ficción teatral (Citizen, Eurozone, Eroski Paraíso...). Este novo proxecto é un paso máis para afondar nos mecanismos narrativos que xorden na fronteira entre a realidade e a ficción, entre a historia e a lenda, entre a pantalla e o escenario.

Coma outras veces, partimos dunha historia moi local. Nesta ocasión trátase dun relato que se foi transmitindo oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín (Ourense), durante os últimos noventa anos: a historia da curva na que se matou o enxeñeiro José Fernández España en 1927, cando traballaba no trazado ferroviario de acceso a Galicia entre Puebla de Sanabria e Ourense.

Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, artellamos unha peza que bebe do xénero policial, ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Porque a esta zona afastada e fronteiriza España apenas chegou en forma de mito, e o mito fala da súa morte nunha curva.

Curva España é unha adaptación a escena do formato deses documentais sobre crimes reais que inzan as plataformas de contidos audiovisuais tipo Netflix ou HBO. O escenario funciona coma un plató no que se van executando, gravando e editando en directo as distintas secuencias nas que se estutura a historia. Unha historia que dá para falar da España Baleirada, das consecuencias da Lei Mordaza sobre a liberdade de expresión, da unidade nacional ou de como a xente constrúe narrativas alternativas á historia oficial. Pódese describir como unha obra cinescénica, unha autoficción documental ou un trhiller, sen renunciar a seguir facendo un teatro político que fala de nós mesmos e de como as promesas incumpridas do pasado afectan ao presente.