Pages

A Ultranoite volve á Sala Capitol en setembro, coincidindo co cambio de estación, o mellor xeito de despedir o verán e recibir o outono. Estas serán as únicas datas para o 2025. Ademais, serán catro funcións seguidas, de xoves a domingo: os días 18, 19, 20 e 21 de setembro. A función do domingo 21 contará con intérpretes de lingua de signos en escena. Contamos coa vosa complicidade para seguir co cabaré político que practica o humor sen arancel e a crítica con denominación de orixe!

No verán do 2024 comezamos a traballar nun novo proxecto de creación que toma como punto de partida o cadro de Castelao titulado “A derradeira leición do mestre”.

No mes de maio de 2025 Kalandraka Editora publica en forma de libro o texto das Fillas Bravas de Momán cun completo apéndice fotográfico. Está dispoñible en todas as librarías galegas

Presentamos o documento elaborado nun Grupo de Traballo mixto formado por persoas xordas, intérpretes de lingua de signos e o equipo do grupo Chévere.

Corcubión, mirando máis alá do horizonte, é un paseo sonoro autoguiado para descubrir as historias ocultas de Corcubión, imaxinándoa coma se fose unha Macondo da fin do mundo.

Unha campaña espallada polas redes sociais afirma que Helen Keller é un fake e inclúe unha petición en change.org para eliminala da historia. Por que se nega a Helen Keller agora?

Imaxinar futuros desexables que poidan inspirar os cambios necesarios para superar o cambio climático é o obxectivo deste proxecto en común de Chévere, Feitoría Verde e grupo SEPA da USC.

Unha novela gráfica que reconstrúe e recrea a memoria da Sala Nasa (1992-2011) desde a mirada dun neno que se criou entre as súas paredes.

Un libro-catálogo que adopta a forma dunha autobiografía dialogada para documentar as historias que se cruzaron na traxectoria do grupo Chévere

Conferencia performativa de Patricia de Lorenzo sobre o proceso de creación dalgúns dos personaxes que interpretou nas obras de Chévere nos últimos quince anos.

Un proceso de mediación e creación escénica sobre a memoria do barrio de Vite guiado pollo grupo Chévere, e feito en coproducción co Centro Dramático Nacional e o Centro Dramático Galego.

Adpatación cinematográfica da obra de teatro orixinal de Chévere. Unha comedia documental sobre o desarraigo de toda unha xeración.