TeatroOutros proxectos

EscapÁrate!

Data de estrea: 21-12-2003

Non hai datas programadas


Ver anteriores datas
http://redenasa.tv/en/share/video/442/
Teatro en escaparates

Con EscapÁrate! convertemos os escaparates, auténtica seña de identidade do comercio, en escenarios para o teatro. 

Tender pontes entre a actividade comercial e a creación artística é un fértil campo de cultivo para sementar usos comerciais, culturais e sociais cheos de novas sensibilidades. Trátase de poñer en valor o comercio retallista como espazo de socialización e reivindicar a compra-venda nunha relación de proximidade baseada no diálogo, de gozar do paseo a ceo aberto ou de deixarse sorprender polo aire na cara, polo cheiro a comida recén feita e pola teatralidade dos escaparates. 

Ademais, no contexto da crise provocada pola Covid-19, faise máis necesario aínda desenvolver accións de animación e promoción do comercio de proximidade, un dos sectores máis afectados. O obxectivo é contribuír a que a xente recupere a confianza, saia da casa  atraída por unha iniciativa orixinal que altera a súa rutina diaria, e crear unha experiencia positiva en relación co pequeno comercio. O obxectivo final é vivir e usar a nosa vila dunha maneira inesperada e sorprendente, como signos de cambio cara unha nova normalidade máis solidaria, imaxinativa e compartida.

Unha proposta que ademais contribúe a recuperar a actividade cultural e teatral de xeito seguro, porque esta é unha actividade na que o público está ao aire libre, durante un tempo breve, en grupos reducidos, favorecendo a distancia interpersoal e separado dos artistas.

EscapÁrate xorde en 2003 a partir do encargo que o Centro Comercial Aberto Compostela Monumental fixo a Chévere para deseñar unha proposta innovadora de promoción do pequeno comercio. Posteriormente o proxecto presentouse en Pontedeume, Lugo, Viveiro, Pontevedra e Ames.