Mónica García

Actriz, (Asturias 1966) Intégrase no Grupo Chévere no ano 1990 no "Congreso de Monstros". Posteriormente participou nos espectáculos Acibeche La vie en rose (1991), Río Bravo (1992) Big Bang (1992) e Cabaré Tan Tan (1994), acompañando os inicios da Sala Nasa. Tamén formou parte do elenco de Citizen (2010), Eurozone (2013), Viaxe ao país dos ananos (2014). Integrante do equipo base das Ultranoites. Ao longo da súa carreira profesional, realizou numerosos cursos de formación e traballou con diferentes compañías como Compañía Marías, Espello Cóncavo, CDG e CDN, Ollomoltranvía, Factoría Teatro, Redrum Teatro. Tamén ten realizado varios papeis no eido audiovisual como a serie de Pratos Combinados e Valderrei para a televisión autonómica. En cine, paticipou en películas como A Emorga, Para que no me olvides ou o Lapis do carpinteiro. Premios Premio María Casares á Mellor Actriz Secundaria por “Citizen” (2010) Premio Mellor Actriz Festival de Curtametraxes de Sada por “Instalación” Premio Mellor Actriz FETEGA O Carballiño por “Os homes só contan ata tres” Premio María Casares á Mellor Actriz Secundaria por “Espectros” Premio Mellor Intérprete Feminina Agapi por “Aínda máis difícil” Premio María Casares á Mellor Actriz Secundaria por “Bailando en verán”

Proxectos nos que traballa Mónica García