Teatro

Cabaré Tan Tan

Data de estrea: 15-09-1994

Tres mulleres á busca do Cabaret Tan Tan, a forma alquímica do espectáculo agáchase nunha caixa de sorpresas, cecais na túa vila, e sempre de noite. Unha visión fresca e espontánea de tres tristes tigresas xuntas no trigal das variedades. Un apunte do universo imaxinario das mulleres aderezado co sal e a pementa dos números musicais e mergullando no lumpen-cabaré con grandes doses de humor e de crítica.