TeatroIgualdade

As Fillas Bravas de Momán

Data de estrea: 14-07-2014

Unha produción Chévere, co apoio do Concello de Teo e Agadic. Agradecementos: Carme Hermida, Mercedes Peón, farmacia Díaz Méndez, Emilio Iglesias Moda.

Non hai datas programadas


Ver anteriores datas

Manuel Xestoso.
Faro de Vigo, 03/07/2014
Insubmisión tranquila

Nós Diario, 05/06/2020
A aposta de Chévere no teatro feminista en clave de humor.
Roi Vidal Ponte

Erregueté Revista Galega de Teatro, 30/04/2015
Polas nais das nosas avoas.
Hugo Álvarez Domínguez

Butaca en anfiteatro, 23/07/2015
As Fillas Bravas o una (monumental) comedia documental

Diario crítico, 13/09/2021
Un soplo de libertad y de retranca de las mujeres gallegas en el corazón de Madrid
MIguel Ángel Vila

Recomana, 06/06/2022
Donar la volta al patriarcat a cop de cobla
Martí Figueras



En outono 2022 volven soar as ferreñas

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero, dando continuidade a traballos que cuestionaron a rixidez dos xéneros (Testosterona), que reivindicaron as voces silenciadas dunha forza de traballo feminina que segue levantando imperios económicos na era da globalización (Citizen), que promoveron unha lectura crítica dos valores machistas que transmiten as cancións románticas (I’ll be watching you). Nesa liña de traballo, As Fillas Bravas veñen para reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados.

As Fillas Bravas é tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral publicados desde a segunda metade do século XIX.