Teatro

Acibeche / La Vie en Rose

Data de estrea: 01-11-1991

Co-producción do Festival Encontros Europeos No Camiño de Santiago

La Vie en Rose ou acibeche consistiu nunha serie de intervencións escénicas en distintos espazos da cidade planeadas coma se fose a rodaxe de exteriores dun culebrón de televisión, que daquela chegaban a España. ao longo de todo un día, un falso equipo de televisión rodaba secuencias dun suposto culebrón en distintas rúas, prazas, pasos de cebra e parques, coa participación espontánea de paseantes. Foi un proxecto feito para o festival Encontros Europeos no Camiño de Santiago.

O culebrón contaba a historia de Acibeche, unha historia humana. Unha telenovela na que se descubre que a vida non é precisamente unha vía de rosas. Porque así é o camiño que convirte a Acibeche, unha muchacha dominicana de procedencia humilde, enganada e maltratada pola vida, nunha orgullosa xoven cuio amor se disputan Segundo Xoán Paulo, un seminarista de brillante futuro baixo a protección do cardeal Bereguela, e Wolfram J.B., o maleado herdeiro dunha inmensa fortuyna. Pero o destino lévase tatuado na pel.