TeatroOutros proxectos

Desembarco Chévere

Data de estrea: 23-09-2022

O Desembarco Chévere conta co apoio e complicidade de Concello de Santiago de Compostela, Auditorio de Galicia, Kalandraka, Deleite, Teatro Rosalía de Castro A Coruña, Teatre lliure Barcelona, Sala Ártika Vigo, Liceo de Noia, A.C. Canle Lira

DE SETEMBRO A DECEMBRO DE 2022

DESEMBARCO CHÉVERE
Trinta e cinco anos faenando con artes escénicas sostibles (1987-2022)

Chévere cumpre 35 anos de actividade neste 2022 e ímolo pasar celebrando que o grupo segue en boa forma e traballando arreo. Durante o vindeiro outono recolleremos as nosas últimas creacións e ofrecerémolas en diversos soportes e en distintas cidades tanto de Galicia como de fóra para ofrecer quizais unha última oportunidade para ver algunha das nosas obras, despois destes dous anos de estrañas circunstancias que dificultaron a posibilidade de encontrarnos nos teatros.

Salientar que logo de catro anos volve a Ultranoite e que o fará no Liceo de Noia o 23 e 24 de setembro.

E ademais de ofrecer funcións especiais de N.E.V.E.R.M.O.R.E., Curva España e As Fillas Bravas, presentaremos unha pequena exposición sobre a Sala Nasa, coincidindo co 30 aniversario da súa apertura en 1992, unha novela gráfica sobre a historia da Nasa e un libro autobiográfico que repasa toda a historia da compañía.

Estas son as actuacións, actividades e novas producións que temos previsto facer entre os meses de setembro e decembro. 

SETEMBRO 2022

ULTRANOITE
23, 24 setembro
Liceo de Noia
entradas: 20€ www.ataquilla.com
entradas+bus: 25€ www,ataquilla.com (ao seleccionar o teu asento aparecerá a opción de entrada+bus)

OUTUBRO 2022

AS FILLAS BRAVAS
FB de Momán 7, 8 outubro Sala Ártika Vigo
FB e o Mito de Casandra 9 outubro Sala Ártika Vigo
     
SALA NASA 1992-2022
Exposición Zona C Compostela
13 outubro/13 novembro
Catro pequenas cápsulas de tempo no 30 aniversario da apertura da Nasa
     
COMIC SALA NASA
Novela gráfica sobre a historia da Nasa desde a mirada dun neno que se criou entre as súas paredes, debuxada por Tristán Ron. Presentación: 27 outubro

NOVEMBRO 2022

CURVA ESPAÑA
4, 5 novembro Auditorio de Galicia Compostela 12€ / <25 anos 8€  www.ataquilla.com
7, 8 novembro Programa Didáctico Auditorio de Galicia
     
N.E.V.E.R.M.O.R.E. no 20 aniversario do Prestige
10, 11 novembro Programa Didáctico Auditorio de Galicia
11, 12, 13 novembro Auditorio de Galicia Compostela 12€ / <25 anos 8€  www.ataquilla.com
19 novembro Auditorio Vimianzo
     
BONO CURVA ESPAÑA+N.E.V.E.R.M.O.R.E. (válido para asistir ás dúas obras)
Auditorio de Galicia, Compostela. Bono: 20€ Selecciona os días que queres asistir: www.ataquilla.com
     
LIBRO Autobiografía Chévere 1987-2022
Ed. Kalandraka
Presentación en Santiago de Compostela en novembro de 2022.

DECEMBRO 2022

CURVA ESPAÑA
7 a 18 decembro, Teatre Lliure Barcelona, entradas aquí
29 decembro Teatro Rosalía de Castro A Coruña
     
N.E.V.E.R.M.O.R.E.
28 decembro Teatro Rosalía Castro A Coruña
No 20 aniversario do Velorio do Mar e da morte de MAN


Este Desembarco Chévere conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela-Auditorio de Galicia, co patrocinio de Deleite, e coa colaboración do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, Teatre Lliure de Barcelona, Kalandraka Editorial, Sala Ártika, Liceo de Noia e Asociación Cultural Canle de Lira.