
As Fillas Bravas de Momán 2025
As protagonistas do Día das Letras Galegas 2025 son as cantareiras e a poesía popular oral! E as Fillas Bravas queren contribuír á festa. Con tal motivo, actualizaron o seu recital incorporando algunhas danzas que aprenderon de novas, adaptárono á lingua de signos e agora actúan acompañadas de dúas intérpretes en escena. Ademais, Kalandraka publica o libro co texto de As Fillas Bravas de Momán na súa Biblioteca de Teatro.
A derradeira leición...

No verán do 2024 comezamos a traballar nun novo proxecto de creación que toma como punto de partida o cadro de Castelao titulado “A derradeira leición do mestre”.
ULTRANOITE #116

En setembro volve a Ultranoite á Capitol! O cabaré político que fai escarnio coa actualidade enfróntase a un mundo dominado por ultrarricos. Humor sen arancel. Crítica con denominación de orixe.
O libro das Fillas Bravas

No mes de maio de 2025 Kalandraka Editora publica en forma de libro o texto das Fillas Bravas de Momán cun completo apéndice fotográfico. Está dispoñible en todas as librarías galegas
Recomendacións para facer accesibles as artes escénicas

Presentamos o documento elaborado nun Grupo de Traballo mixto formado por persoas xordas, intérpretes de lingua de signos e o equipo do grupo Chévere.
Ultranoite #115

Esta tempada a Ultranoite volve á Compostela para se presentar na Sala Capitol. As primeiras funcións faranse no Nadal: venres 27, sábado 28 decembro, e venres 3, sábado 4 e domingo 5 de xaneiro!
Audioguía ficcionada en Corcubión

Corcubión, mirando máis alá do horizonte, é un paseo sonoro autoguiado para descubrir as historias ocultas de Corcubión, imaxinándoa coma se fose unha Macondo da fin do mundo.
Ultranoite Cultureta

Dezaseis anos despois, a Ultranoite volve ao Culturgal para examinar o estado da cultura galega e achegarse a algúns dos seus lugares comúns
Ultranoite na Maré

A Ultranoite é unha batea teatral con infinidade de cordas somerxidas cheas de números feitos ao longo de trinta anos. No Festival Maré volvemos sacar á superficie unha escolma de números históricos.
Helen Keller, a muller marabilla?

Unha campaña espallada polas redes sociais afirma que Helen Keller é un fake e inclúe unha petición en change.org para eliminala da historia. Por que se nega a Helen Keller agora?
Narrativas de futuro

Imaxinar futuros desexables que poidan inspirar os cambios necesarios para superar o cambio climático é o obxectivo deste proxecto en común de Chévere, Feitoría Verde e grupo SEPA da USC.
Materiais para un arquivo da cultura submarina. Sala Nasa. 1992-2011

Exposición. Selección de materiales procedentes del archivo de la Sala Nasa.
O Navegante (unha viaxe a bordo da Sala Nasa)

Unha novela gráfica que reconstrúe e recrea a memoria da Sala Nasa (1992-2011) desde a mirada dun neno que se criou entre as súas paredes.
CHÉVERE (1987-2022) Trinta e cinco anos de axitación cultural

Un libro-catálogo que adopta a forma dunha autobiografía dialogada para documentar as historias que se cruzaron na traxectoria do grupo Chévere
Pequenas mentiras para contar grandes verdades

Conferencia performativa de Patricia de Lorenzo sobre o proceso de creación dalgúns dos personaxes que interpretou nas obras de Chévere nos últimos quince anos.
Dramawalker Vite

Un proceso de mediación e creación escénica sobre a memoria do barrio de Vite guiado pollo grupo Chévere, e feito en coproducción co Centro Dramático Nacional e o Centro Dramático Galego.
As Fillas Bravas e o mito de Casandra

Tres mulleres maiores de aldea cantareiras e bravas tratan de entender o cambio climático a través dos mitos clásicos para facerlle fronte aplicando a sabedoría popular e o humor.
Curva España

Unha peza que ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, thriller e autoficción.
Eroski Paraíso, o filme

Adpatación cinematográfica da obra de teatro orixinal de Chévere. Unha comedia documental sobre o desarraigo de toda unha xeración.