O libro das Fillas Bravas
Kalandraka Editora vén de publicar dentro da súa colección Biblioteca de Teatro un libro co texto completo da obra de teatro As Fillas Bravas de Momán, que se suma a outros títulos de Chévere xa publicados como Eroski Paraíso, Citizen, Río Bravo, Annus Horribilis e outros musicais e a autobiografía Chévere 1987-2022 trinta e cinco anos de axitación cultural.
O libro consta de 56 páxinas e un apéndice con numerosas fotografías da traxectoria das Fillas Bravas desde 2014. O prezo de venda ao público é 13€. Pódese atopar en calquera libraría galega.
As Fillas Bravas de Momán presentarase na Feira do Libro de Santiago o domingo 11 de maio ás 19,30h, oficiando como condutoras as propias personaxes da obra: Isaura da Pinanta, Dosinda de Cachán e Benedita de Cachán, que ademais de cantar algunha copla creada para a ocasión, conversarán e asinarán os exemplares do libro ás persoas que se acheguen ata o Paseo central da Alameda.