Teatro
Ultranoite #115

Esta tempada a Ultranoite volve á Compostela para se presentar de maneira regular na Sala Capitol. As primeiras funcións faranse no Nadal: venres 27/sábado 28 decembro, e venres 3/sábado 4 xaneiro!

Teatro
Ultranoite Cultureta

Dezaseis anos despois, a Ultranoite volve ao Culturgal para examinar o estado da cultura galega e achegarse a algúns dos seus lugares comúns

Teatro
Ultranoite na Maré

A Ultranoite é unha batea teatral con infinidade de cordas somerxidas cheas de números feitos ao longo de trinta anos. No Festival Maré volvemos sacar á superficie unha escolma de números históricos.

Teatro
Helen Keller, a muller marabilla?

Unha campaña espallada polas redes sociais afirma que Helen Keller é un fake e inclúe unha petición en change.org para eliminala da historia. Por que se nega a Helen Keller agora?

Teatro
Ultranoite #112

A Ultranoite cumpre 30 anos e celebra a súa edición 112 recuncando no salón de baile do Liceo de Noia para gozar como é debido dun espectáculo de variedades que fai un repaso crítico da actualidade

Teatro
N.E.V.E.R.M.O.R.E. (versión adaptada)

Esta é unha versión adaptada a espazos que non dispoñan de tremoia. O contido da obra e as escenas mantense integramente. Só se prescinde dos elementos colgados e dos movementos das varas.

Teatro
Ultranoite #111

Logo de catro anos volve un dos espectáculos máis queridos polo público: a Ultranoite, que nos acompaña case dende o nacemento da compalía e vai xa pola súa edición número 111.

TeatroOutros proxectos
Desembarco Chévere

No 2022 Chévere cumpre 35 anos faenando con artes escénicas sostibles e imos celebrar que o grupo segue en boa forma e traballando arreo, ofrecendo un lote de propostas fresquiñas durante o outono.

Teatro
N.E.V.E.R.M.O.R.E.

A memoria ás veces é tan pegañenta como o chapapote. Por iso acabamos por levar ao escenario a historia da catástrofe do Prestige.

TeatroIgualdade
As Fillas Bravas e o mito de Casandra

Tres mulleres maiores de aldea cantareiras e bravas tratan de entender o cambio climático a través dos mitos clásicos para facerlle fronte aplicando a sabedoría popular e o humor.

Teatro
Curva España

Unha peza que ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, thriller e autoficción.

TeatroIgualdadeBerberecheiralab
Anatomía dunha serea

Unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia personal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica.

Teatro
Divinas Palabras Revolution

Nove persoas pechadas nun programa de telerrealidade reviven inconscientes o crú e duro retablo de avaricia, luxuria e morte que Valle Inclán construíu para as súas Divinas Palabras.

Teatro
Chévere 3.0

Maratón escénico para celebrar o 30 aniversario de Chévere en Compostela volvendo a montar tres das súas obras míticas en tres espazos de Compostela.

TeatroBerberecheiralab
Goldi Libre

Goldi Libre. Autorretrato dun insubmiso preso nos cárceres de Felipe González. Un traballo de teatro documento sobre a insubmisión a partir do testemuño de César Goldi, condenado a prisión en 1993.

Teatro
Eroski Paraíso

Unha obra que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas in situ.

TeatroIgualdade
As Fillas Bravas de Momán

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta, porque son fillas do vento, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Teatro
Ultranoite no País dos Ananos

Un cabaré nihilista que bebe das fontes de Celso Emilio Ferreiro e Jonathan Swift para facer un percorrido satírico sobre este paseo marítimo que chamamos Galicia.

TeatroOutros proxectos
Sexo, mentiras e códices calixtinos

Unha experiencia teatral para compartir co público nas distancias curtas. Se queres dar o paso, non tes máis que abrir a porta e entrar, cada personaxe está nunha habitación coas súas circunstancias.

Teatro
Eurozone

Eurozone é un panfleto teatral sobre a crise da zona euro que mestura as referencias directas a Reservoir Dogs cos casinos online, os bailes de salón e o argot económico que asulaga as nosas vidas.

TeatroIgualdade
I'll be watching you

Proxecto pedagóxico, teatral, lúdico e musical que analiza os roles de xénero que transmiten as cancións de temática amorosa da música de consumo masivo.

Teatro
Citizen (triloxía completa)

Triloxía completa sobre a globalización e o imperio Zara.

Teatro
Citizen III (wii economía)

Terceira parte da triloxía sobre a globalización e o imperio Zara. Unha peza de economía ficción baseada na crise financeira de 2008.

Teatro
Citizen II (made in Galiza)

Segunda parte da triloxía sobre a globalización e o imperio Zara, centrada na experiencia de milleiros de mulleres cooperativistas galegas.

Teatro
Citizen I (maiorías silenciosas)

Primeira parte da triloxía sobre a globalización feita a partir da historia de A.O., un empresario galego do téxtil que se converte nunha das persoas máis ricas do mundo no último terzo do s XX.

TeatroIgualdade
Testosterona

O espectáculo clave na traxectoria de Chévere que marcou unha inflexión no discurso da compañía. Testosterona é unha obra que cuestiona a división normativa da sociedade en dous sexos.

TeatroOutros proxectos
Alá no fondo hai sitio abondo

Espectáculo retrofuturista que fala do impacto dunha tecnoloxía do S.XXI, a nanotecnoloxía, usando unha estética do S.XIX.

Teatro
Tentacular

Espectáculo musical, teatral, circense e audiovisual de ambientación submarina, feito dentro dunha carpa de circo, con participación de 42 artistas de distintas disciplinas e procedencias.

TeatroOutros proxectos
EscapÁrate!

EscapÁrate! é un proxecto que usa o teatro como ferramenta para a dinamización do pequeno comercio e os escaparates como escenarios para incentivar o consumo responsable.

Teatro
Río Bravo 02

Unha revisitación do grelo-western mítico de Chévere. Un musical en directo. Unha comedia disparatada. Unha festa teatral para disfrute de todos os públicos que doce anos despois segue case igual.

TeatroFicción sonora
Radio universo

Unha sátira radiofónica sobre a primeira misión galega ao espazo exterior. Xente que escribe, actúa, dirixe, fai música e edita o son para crear un texto totalmente novo e plural.

Teatro
O Navegante

Un espectáculo multimedia para todos os públicos no que o público e os actores comparten un mesmo espazo reducido situados dentro dunha carpa inchable: a cúpula amniótica, o viveiro orgánico.

Teatro
Humana

Unha nova montaxe na que Ana Pudor se nos presenta máis reflexiva e comprometida, máis madura e incisiva que antes. Javi non.

Teatro
Casa Tomada

A partir do relato de Julio Cortázar, Casa Tomada é un espectáculo na rúa no que teatro, música, performance, vídeo e instalación déronse a man para alertar dun futuro dominado polo turismo de masas.

Teatro
Clownfútbol

Un espectáculo que reproduce as situacións dun partido de fútbol coa particular loucura do clown, case sen palabras, cheo de cor e movimento, risas e bágoas, éxitos e fracasos.

Teatro
Hero.es

Máis perto das secuencias cinematográficas, das escenas brechtianas ou das ventás dun web que dos actos teatrais, hero.es reúne recortes tan dispares como un cabaré ou un monólogo calderoniano.

Teatro
O show sincero de Ana Pudor e Javi Abraira

Ana é extrovertida, exuberante, arrebatadora. Un cruce de camiños entre La Bella Otero e La Polaca. Javi é eficaz, discreto, impasible. O Show Sincero é o anaco de imán que agrupa os dous polos.

Teatro
A rutina é o deber de todas as criaturas

Un poema escénico baseado no refraneiro homónimo de Manuel Cortés. Tópicos, mitos, frases feitas e xogos de palabras sobre bechos e animais que falan de comportamentos e prexuízos moi humanos.

Teatro
Valle Inclán Pirata

O Valle Inclán Pirata é un escenario flotante dirixido pola xente do Trigo Limpo (Portugal) e do Chévere (Galicia) para o saqueo teatral da costa atlántica da Península Ibérica, a bordo dunha goleta.

Teatro
Órbita Mutante

Unha obra ideada para se presentar ao aire libre, adaptable a todo tipo de espazos, cun menú amplo e variado de números que admiten infinitas combinacións, facendo que cada noite sexa única.

Teatro
Annus Horribilis

Cinco cantantes, un pianista e un presentador. Acaso unha ópera precisa algo máis?

Teatro
Cabaré Tan Tan

Tres mulleres á busca do Cabaret Tan Tan, a forma alquímica do espectáculo. Números musicais e lumpen-cabaré con grandes doses de humor e de crítica.

Teatro
Máquina total

Sátira clown sen palabras protagonizada por tres clowns convertidos autoridades VIP (Very Important Persons), que veñen inaugurar a Máquina Total.

Teatro
Big Bang

Rock-cabaré protagonizado polas pantasmas de Albert Einstein e Stephen Hawking, que descifra por primeira vez os límites entre a ciencia e a ficción.

Teatro
Acibeche / A Vía Rosa

Unha serie de intervencións escénicas en distintos espazos da cidade planeadas como a rodaxe dun culebrón de televisión.

Teatro
I Congreso Internacional de Monstros

Planeado como un congreso onde os relatores son actores e actrices e o público asume o papel de congresistas, foi un proxecto de intervención escénica en distintos espazos da cidade durante tres días.

Teatro
Ríobravo

Un musical trepidante que agota os estereotipos do western ríndose de todos eles. O lugar onde Chévere se encontrou consigo mesmo e iniciou a marcha lenta e implacable cara á busca da súa identidade.

Teatro
Salomé

Melodrama histórico convertido en traxicomedia pop. Versión libre e anacrónica do texto de Oscar Wilde.

Teatro
Supersoniq, o mal non acouga

Unha versión disparatada, irrreverente e iconoclasta do texto de Josep Mª Bernet, convertido en apaixoado e fundacional teatro feito a pé de rúa.

Teatro
Servizo Discrecional

Algarabía teatral composta por unha sucesión de sketches situados no traxecto que vai da cidade de Santiago de Compostela á praia de Baroña.