PREMIO NACIONAL DE TEATRO

“Concédese o Premio Nacional de Teatro, correspondente ao ano 2014, á compañía Chévere, pola súa coerente traxectoria de creación colectiva baseada en fontes do teatro documento e na súa transgresión de xéneros.

O xurado salienta a súa verquente humorística e participativa, sempre conectada coa realidade social e económica, tal e como demostra nos seus últimos espectáculos Citizen, Eurozone e Ultranoite no País dos Ananos. Por outra parte, o xurado subliña que, tendo un forte compromiso con ámbito cultural galego, Chévere consegue unha crecente proxección internacional. Asemade, valora o achegamento do teatro a distintos colectivos sociais e ao ámbito pedagóxico, fomentando a participación cidadá, como se apreza na súa plataforma web redenasa.tv”
(BOE, 19 decembro 2014)

O Xurado, presidido pola directora Xeral do INAEM, Montserrat Iglesias, coa vicepresidencia da subdirectora Xeral de teatro, Cristina Santolaria, estIvo formado por Gregoria Navarro (Teatro Gayarre, Pamplona), Itziar Pascual, (a proposta do instituto de investigacións feministas da Universidad Complutense de Madrid), Roberto Pascual (MIT Ribadavia), José Manuel Sánchez (Eusebio Calonge-La Zaranda), Salvador Sunyer (Festival Temporada Alta) e José Ramón Barea (Premio Nacional de Teatro 2013).