Os obradoiros que facemos son prácticas dirixidas, nas que poñemos en común as nosas ferramentas escénicas e teatrais, compartindo a aprendizaxe e as experiencias de tantos anos sobre os escenarios. Traballamos con adolescentes, con mulleres, con persoas en situación de vulnerabilidade, con actores e actrices novas. Tamén temos unha longa experiencia en obradoiros para espectadores/as, como acompañamento e incentivo á asistencia ao teatro.

ObradoirosOutros proxectos
Narrativas de futuro

Imaxinar futuros desexables que poidan inspirar os cambios necesarios para superar o cambio climático é o obxectivo deste proxecto en común de Chévere, Feitoría Verde e grupo SEPA da USC.

IgualdadeObradoiros
Mulleronas

Neste obradoiro dirixido a mulleres propoñemos un achegamento ao teatro e á actuación para xogar e aprender a actuar coma unha mesma.

ObradoirosOutros proxectos
SoundpaintingTeo

Proxecto desenvolvido por Chévere en Teo como compañía residente para fomentar a integración social a través da creatividade compartida.

ObradoirosOutros proxectos
Cacheiras Nadal Comedy

Un proxecto de teatro comunitario feito entre un grupo de comerciantes, veciños e veciñas de Cacheiras (Teo) e o equipo Chévere, que se levou a cabo durante dous anos.

ObradoirosOutros proxectos
Amores Prohibidos 2.0

Proxecto concebido para experimentar coas novas posibilidades dramatúrxicas que ofrece internet e aplicar a narrativa transmedia á creación teatral.

Obradoiros
Obradoiro do espectador

O obradoiro do espectador é unha actividade formativa arredor das artes escénicas contemporáneas, combinando materiais audiovisuais, dinámicas e debates guiados por unha persoa da compañía.

Queres propoñer algo a Chévere?