Projects
Aplicamos a perspectiva de xénero a todos os nosos traballos e usamos o teatro como ferramenta para a sensibilización social sobre a igualdade entre homes e mulleres, para loitar contra as violencias machistas, para denunciar o sexismo que aínda perdura na sociedade, para ofrecer referentes de mulleres fortes e orgullosas de si mesmas, para expoñer outras identidades sexuais e de xénero.

Conferencia performativa de Patricia de Lorenzo sobre o proceso de creación dalgúns dos personaxes que interpretou nas obras de Chévere nos últimos quince anos.

Un roteiro guiado polas Fillas Bravas para descubir o patrimonio natural, cultural e etnográfico da aldea de Penelas.

Neste obradoiro dirixido a mulleres propoñemos un achegamento ao teatro e á actuación para xogar e aprender a actuar coma unha mesma.

Charla teatralizada en colaboración con Promove, sobre a igualdade entre homes e mulleres e sobre os prexuízos que siguen rodeando a percepción socail do feminismo.

Unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia personal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica.

Intervencións escénicas en distintos escaparates da cidade contra a violencia machista, coa fin de concienciar a un público amplo desde a proximidade, o humor e a empatía.