Patricia de Lorenzo

Actriz, produción (A Coruña, 1971)

Inicia a súa traxectoria profesional en 1990. Desde entón traballa ininterrompidamente en diferentes disciplinas como teatro, música, dobraxe e audiovisual. En 1994 incorpórase ao grupo Chévere, onde ademáis desenvolve outros labores de dirección, administración, produción e xestión da compañía. Participou como actriz en todas as montaxes do grupo Chévere desde 1994, destacando o seu traballo en Annus Horríbilis, Ana Pudor, Rio Bravo 02, Testosterona, Citizen, Eurozone, Ultranoite no País dos Ananos, As Fillas Bravas, Eroski Paraíso, Divinas Palabras Revolution, Curva España. Tamén traballou en obras doutros grupos como Tristáns (A Cappella o Muelte, 2000), Teatro do aquí (Rastros, de Roberto Vidal Bolaño, 1998), Moucho Clerk (O roixinol da bretaña, dirigida por Quico Cadaval, 1993), Centro Dramático Galego (Un refaixo para a Celestina, 1993. O incerto sr. Don Hamlet, de A. Cunqueiro, 1991 Yerma, de F. García Lorca, 1990), Pifano (Tatuaxe, 1992), Elsinor Teatro (A canción do deserto,1989).

Premios

Premio Mestre Mateo 2020 Actriz Protagonista por Eroski Paraíso. Premio Xoglaresa de Outono 2019 concedido polo FIOT de Carballo pola traxectoria artística. Premio Mellor Actriz Protagonista FETEGA, O Carballiño por Eroski Paraíso, 2018. Premio María Casares Mellor Actriz Protagonista 2017 por Eroski Paraíso. Premio María Casares Mellor Actriz Secundaria 2014 por Eurozone. Premio María Casares Mellor Actriz Protagonista 2012 por Citizen. Premio Maruxa Villanueva á traxectoria artística 2013. Premio Mellor Actriz Protagonista FETEGA 1999 O Carballiño por Rastros. Nominación á Mellor Actriz de Reparto Mestre Mateo 2003 por Terras de Miranda.


Proxectos nos que traballa Patricia de Lorenzo