Ultranoite na Maré
A Ultranoite é un viveiro flotante de sketches, unha batea teatral con infinidade de cordas somerxidas cheas de números feitos ao longo de trinta anos. Para o Festival Maré a tripulación da Ultranoite sacará á superficie algúns destes números para volvelos degustar co público. Son cancións, vídeos e sketches que só se puideron ver fugazmente ou que nunca antes se viron en Compostela.
Helen Keller, a muller marabilla?
Unha campaña espallada polas redes sociais afirma que Helen Keller é un fake e inclúe unha petición en change.org para eliminala da historia. Por que se nega a Helen Keller agora?
Narrativas de futuro
Imaxinar futuros desexables que poidan inspirar os cambios necesarios para superar o cambio climático é o obxectivo deste proxecto en común de Chévere, Feitoría Verde e grupo SEPA da USC.
Materiais para un arquivo da cultura submarina. Sala Nasa. 1992-2011
Exposición. Selección de materiales procedentes del archivo de la Sala Nasa.
O Navegante (unha viaxe a bordo da Sala Nasa)
Unha novela gráfica que reconstrúe e recrea a memoria da Sala Nasa (1992-2011) desde a mirada dun neno que se criou entre as súas paredes.
CHÉVERE (1987-2022) Trinta e cinco anos de axitación cultural
Un libro-catálogo que adopta a forma dunha autobiografía dialogada para documentar as historias que se cruzaron na traxectoria do grupo Chévere
Pequenas mentiras para contar grandes verdades
Conferencia performativa de Patricia de Lorenzo sobre o proceso de creación dalgúns dos personaxes que interpretou nas obras de Chévere nos últimos quince anos.
Dramawalker Vite
Un proceso de mediación e creación escénica sobre a memoria do barrio de Vite guiado pollo grupo Chévere, e feito en coproducción co Centro Dramático Nacional e o Centro Dramático Galego.
As Fillas Bravas e o mito de Casandra
Tres mulleres maiores de aldea cantareiras e bravas tratan de entender o cambio climático a través dos mitos clásicos para facerlle fronte aplicando a sabedoría popular e o humor.
Curva España
Unha peza que ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, thriller e autoficción.
Eroski Paraíso, o filme
Adpatación cinematográfica da obra de teatro orixinal de Chévere. Unha comedia documental sobre o desarraigo de toda unha xeración.
As Fillas Bravas de Momán
As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta, porque son fillas do vento, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.