Xron

Actor,  dramaturgo, director e activista cultural (Vigo, 1965)

Intégrase no Grupo Chévere en 1988, participando desde entón en todas os proxectos da compañía. Realiza labores de creación de textos, produción teatral, interpretación, dramaturxia e dirección artística e escénica. Os últimos traballos feitos son: Curva España (2019), Divinas Palabras Revolution (2018), Anatomía dunha serea (2018), Eroski Paraíso (2016), Goldi Libre (2016). En 1992 participa na creación da Nave de Servizos Artísticos-Sala NASA, ocupándose da xerencia e direción artística ata 2011. Foi membro da xunta directiva da Red de Teatros Alternativos (1999-2003) e do Consello Asesor do Centro Dramático Galego (2006-2009). Formou parte do Colectivo Burla Negra e da Plataforma Nunca Máis, participando na creación e desenvolvemento de proxectos de axitación cultural como “O País de Nunca Máis”, “Foro Negro da Cultura” e “Hai que botalos”. En 2010 participa na creación da plataforma dixital de contidos culturais Redenasa.tv. Dirixiu o programa de residencia teatral de Chévere en Teo (2012-2019) e o laboratorio de creación escénica A Berberecheira (2016-2020).


Proxectos nos que traballa Xron