AVISO LEGAL


CHÉVERE PRODUCCIONES SL (en adiante “a empresa”), con enderezo na RÚA DA QUEIMADA No49 BAIXO, 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA) e con CIF B15636517, inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, Tomo 2028, Sección General, Folio 41, Folla C19932, informa:

A utilización do nome do dominio www.grupochevere.eu está debidamente rexistrada na empresa, con todas as garantías, tal e como dispón a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico. Non obstante, ponse de manifesto a plena adecuación dos presentes Termos Legais á normativa vixente en materia de Protección de Datos, Comercio Electrónico, Condicións Contratación, Propiedade Intelectual e demais disposicións subsidiarias.

  1. ACEPTACIÓN DOS TERMOS LEGAIS

    A. O acceso a este sitio web ou a súa utilización en calquera xeito implica a aceptación de todas e cada unha dos presentes Termos Legais, reservándose a empresa o dereito a modificalos en calquera momento. En consecuencia, será responsabilidade de todo visitante e/ou Usuario, a atenta lectura dos Termos Legais de uso vixente en cada unha das ocasións en que acceda a este sitio web.

  2. OBXECTO

    A. Por medio da web www.grupochevere.eu, facilítase ás persoas usuarias a diversos contidos, servizos, información e datos (os “contidos”), postos á súa disposición. A empresa resérvase o dereito de modificar en calquera momento a presentación, configuración e localización da páxina web, así como los contidos, produtos e servizos dispostos nela.

  3. CONDICIÓNS DE ACCESO

    A. O acceso á información dos distintos produtos e servizos existentes no sitio web, así como a súa navegación será libre e gratuíta non esixindo por tanto aos Usuarios o pertinente rexistro coa consecuente entrega dos seus datos persoais, nin a utilización de claves ou contrasinais.

    B. Cando para o acceso a determinados contidos ou servizos sexa necesario facilitar datos de carácter persoal, os Usuarios garantirán a súa veracidade, exactitude, autenticidade e vixencia. A empresa dará ditos datos o tratamento automatizado que corresponda en función da súa natureza ou finalidade, nos termos indicados na sección de Política de Protección de Datos.

  4. CONDICIÓNS DE UTILIZACIÓN

    A. A persoa usuaria comprométese a facer un uso axeitado e lícito do sitio web así como dos contidos e servizos, de conformidade coa lexislación aplicable en cada momento e os Termos Legais do sitio web. A persoa usuaria deberá absterse de:

    • Facer un uso non autorizado ou fraudulento do sitio web e/ou os contidos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos nos presentes Termos Legais, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera xeito poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización dos servizos ou documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático.
    • Acceder ou intentar acceder a recursos ou áreas restrinxidas do sitio web, sen cumprir as condicións esixidas para dito acceso.
    • Provocar danos nos sistemas físicos ou lóxicos do sitio web, dos seus provedores ou de terceiros.
    • Introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outro sistema físico ou lóxico que sexan susceptibles de provocar danos nos sistemas físicos ou lóxicos da empresa, dos seus provedores ou de terceiros.
    • Intentar acceder, utilizar e/ou manipular os datos da empresa, terceiros provedores e outros usuarios.
    • Reproducir ou copiar, distribuír, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos, non sendo que se conte coa autorización expresa do titular dos correspondentes dereitos ou resulte legalmente permitido.
    • Suprimir, ocultar ou manipular as notas sobre dereitos de propiedade intelectual ou industrial e demais datos identificativos dos dereitos da empresa ou de terceiros incorporados aos contidos, así como os dispositivos técnicos de protección ou calquera mecanismo de información que se poidan insertar nos contidos.
    • Intentar obter datos persoais distintos aos que está autorizado a coñecer, empregando medios ou procedementos ilícitos, fraudulentos ou que poidan causar calquera tipo de dano (virus, troyanos, bug’s, worms, etc)
    • En particular e a título meramente indicativo e non exhaustivo, a persoa usuaria comprométese a non transmitir, difundir ou poñer a disposición de terceiras persoas informacións, datos, contidos, mensaxes, gráficos, debuxos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, gravacións, software e, en xeral, calquera clase de material que:
      • Sexa contrario, menosprecie ou atente contra os dereitos fundamentais e as liberdades públicas recoñecidas constitucionalmente, nos Tratados Internacionais e no resto da lexislación;
      • Induza, incite ou promova actuacións delitivas, denigrantes, difamatorias, violentas ou, en xeral, contrarias á lei e á ética.
      • Induza, incite ou promova actuacións, actitudes ou pensamentos discriminatorios por razón de sexo, xénero, raza, relixión, crenzas, idade ou condición;
      • Incorpore, poña a disposición ou permita acceder a produtos, elementos, mensaxes e/ou servizos delitivos, violentos, ofensivos, nocivos, degradantes ou, en xeral, contrarios á lei e á ética.
      • Induza ou poida inducir a un estado inaceptable de ansiedade ou temor;
      • Induza ou incite a involucrarse en prácticas perigosas, de risco ou nocivas para a saúde e o equilibrio psíquico;
      • Atópase protexido pola lexislación en materia de protección intelectual ou industrial pertencente á empresa ou a terceiros sen que fose autorizado o uso que se pretenda facer;
      • Sexa contrario á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas;
      • Constitúa calquera tipo de publicidade;
      • Inclúa calquera tipo de virus ou programa que impida o normal funcionamento do sitio web.

    B. Cando para o acceso a determinados contidos ou servizos sexa necesario facilitar datos de carácter persoal, as persoas usuarias garantirán a súa veracidade, exactitude, autenticidade e vixencia. A empresa dará a ditos datos o tratamento automatizado que corresponda en función da súa natureza ou finalidade, nos termos indicados na sección de Política de Protección de Datos.

  5. RESPONSABILIDADES

    A. A empresa non garante o acceso continuado nin a correcta visualización, descarga ou utilidade dos elementos e informacións contidas nas páxinas da empresa, que se poden ver impedidos, dificultados ou interrompidos por factores ou circunstancias que está fóra do seu control.

    B. A empresa poderá interromper o servizo ou resolver de xeito inmediato a relación coas persoas usuarias se detecta que un uso do seu portal ou de calquera dos servizos ofertados no mesmo, son contrarios aos presentes nos Termos Legais.

    C. A empresa pon a disposición das persoas usuarias un enderezo de correo electrónico info@grupochevere.eu para que calquera contido que poida afectar á actividade de outras persoas usuarias sexa posto de manifesto, coa vontade de rectificar o mesmo no caso de ser apropiado.

    D. A empresa non se fai responsable de danos, perxuízos, perdas, reclamacións ou gastos producidos por:

    • Interferencias, interrupcións, fallos, omisións, avarías telefónicas, retrasos, bloqueos ou desconexións no funcionamento do sistema electrónico, motivadas por deficiencias, sobrecargas e erros nas liñas e redes de telecomunicacións ou por calquera outra causa allea ao control da empresa.
    • Intromisións ilexítimas mediante o uso de programas malignos de calquera tipo e a través de calquera medio de comunicación, tales coma virus informáticos ou calquera outros.
    • Abuso indebido ou inadecuado das páxinas web da empresa.
    • Erros de seguridade ou navegación producidos por un mal funcionamento do navegador ou polo uso de versións non actualizadas do mesmo. Os administradores da empresa resérvanse o dereito de retirar, total ou parcialmente, calquera contido ou información presente na web.

    E. A empresa exclúe calquera responsabilidade polos danos e perxuízos de toda natureza que se puidesen deber á mala utilización dos servizos de libre disposición e uso por parte das persoas usuarias da web. Igualmente, a empresa queda exonerada de calquera responsabilidade polo contido e informacións que poidan ser recibidas como consecuencia dos formularios de recollida de datos, estando os mesmos unicamente para a prestación dos servizos descritos ofertados pola empresa (comercio on line e solicitude de orzamentos). Por outra banda, no caso de causar danos e perxuízos por un uso ilícito ou incorrecto de ditos servizos, a persoa usuaria poderá ser reclamada pola empresa por ditos danos ou perxuízos causados.

  6. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

    A. A persoa usuaria recoñece e acepta que todas as marcas, nomes comerciais ou signos distintivos, todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual, sobre os contidos e/ou calquera outro elemento insertado na páxina, son propiedade exclusiva da empresa e/ou de terceiros. En ningún caso o acceso á páxina web implica ningún tipo de renuncia, transmisión, licenza ou cesión total nin parcial de ditos dereitos, agás que se estableza expresamente o contrario. Os presentes Termos Legais da páxina web non confiren ás persoas usuarias ningún outro dereito de utilización, alteración, explotación, reprodución, distribución ou comunicación pública da páxina web e/ou os seus contidos distintos dos aquí expresamente previstos. Calquera outro uso ou explotación de calquera dereito estará suxeito á previa e expresa autorización especificamente outorgada a tal efecto pola empresa ou o terceiro titular dos dereitos afectados.

    B. Os contidos, textos, fotografías, deseños, logotipos, imaxes, programas de ordenador, códigos fonte e, en xeral, calquera creación intelectual existente neste sitio, así como o propio sitio no seu conxunto, como obra artística multimedia, están protexidos como dereitos de autoría pola lexislación en materia de propiedade intelectual. A empresa é titular dos elementos que integran o deseño gráfico da súa páxina web, os menús, botóns de navegación, o código HTML, textos, imaxes, texturas, gráficos e calquera outro contido da páxina web ou, en calquera caso, dispón da correspondente autorización para a utilización de ditos elementos. O contido disposto en dita web non poderá ser reproducido nin en todo nin en parte, nin transmitido, nin rexistrado por ningún sistema de recuperación de información, en ningunha forma nin en ningún medio, a menos que se teña a autorización previa, por escrito, da citada entidade.

    C. Así mesmo, queda prohibido suprimir, eludir ou manipular o “copyright” e a empresa, así como os dispositivos técnicos de protección, ou calquera mecanismo de información que puidesen conter os contidos. A persoa usuaria deste sitio web comprométese a respectar os dereitos enunciados e a evitar calquera actuación que os puidese perxudicar, reservándose en todo caso a empresa o exercicio de cantos medios ou accións legais lle correspondan en defensa do seus lexítimos dereitos de propiedade intelectual e industrial.

  7. PROTECCIÓN DE DATOS

    A. Para utilizar algúns dos servizos, as persoas usuarias deben de proporcionar previamente certos datos de carácter persoal. Para iso a empresa tratará automatizadamente os Datos Persoais en cumprimento co Regulamento Xeral de Protección de Datos 2016/679 de 27 de abril de 2016. A persoa usuaria pode acceder á política seguida no tratamento de datos persoais (POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS) así como nas finalidades previamente establecidas ao disposto nas condicións definidas na Política de Protección de Datos que presenta a web.

  8. DURACIÓN E TERMINACIÓN

    A. A prestación do servizo do presente sitio web e dos demais servizos teñen en principio unha duración indefinida. Porén, a empresa poderá dar por terminada ou suspender calquera dos servizos do portal. Cando sexa posible, a empresa, anunciará a terminación ou suspensión da prestación do servizo determinado.

  9. FORZA MAIOR

    A. Nesta páxina web non utilizamos cookies propias nin de terceiros.

  10. COOKIES UTILIZADAS NESTE SITIO WEB

    A. Para utilizar algúns dos servizos, as persoas usuarias deben de proporcionar previamente certos datos de carácter persoal. Para iso a empresa tratará automatizadamente os Datos Persoais en cumprimento co Regulamento Xeral de Protección de Datos 2016/679 de 27 de abril de 2016. A persoa usuaria pode acceder á política seguida no tratamento de datos persoais (POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS) así como nas finalidades previamente establecidas ao disposto nas condicións definidas na Política de Protección de Datos que presenta a web.

  11. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

    A. Os presentes Termos Legais réxense pola Lei española. Na medida en que así o permita a lei, as partes con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, acordan someterse á xurisdición dos Xulgados e Tribunais onde recae a razón social de empresa.