Miguel de Lira

Actor (Lira, Carnota, 1964)

Comezou no mundo da interpretación cando estudiaba Dereito en Santiago. Hoxe é un dos actores máis coñecidos de Galicia. Membro fundador do Grupo Chévere no ano 1987. Como actor traballou en teatro e cine baixo a batuta de directores como Mario Gas, José Luis Cuerda, Hannes Stöhr, Alejandro Marzoa, Alfonso Zarauza, Roberto Vidal Bolaño, John Eastham, Enrique Urbizu, Erick de Bont ou Xesús Ron. En 1992 participou na creación da Sala NASA. En 1998 converteuse nun dos actores máis populares da historia recente de Galicia co seu personaxe na serie de televisión Mareas Vivas. Algúns dos seus traballos máis recoñecidos como actor con Chévere foron en obras como Rio Bravo (1990), Big Bang (1992), Annus Horríbilis (1994), Máquina Total (1994), hero.es (1999), Tentacular (2006), Citizen (2011), Eurozone (2013), Eroski Paraíso (2016), Ultranoites (1993-2018) e Curva España (2019)

Nestes máis de trinta anos de actividade teatral e audiovisual ten participado en tarefas de interpretación, guión, dirección e produción. Tamén é unha das almas promotoras de eventos da comunidade de Carnota como o Festórreo de Lira.

Premios

Premio Mestre Mateo Mello Actor Protagonista 2020 por Eroski Paraíso. Premio Maruxa Villanueva 2020. Premio de Honra 2019 FETEGA O Carballiño. Águila de Oro 2019, Aguilar Film Festival, Aguilar de Campoó. Premio Xograr de Outuno 2017 FIOT Carballo pola súa traxectoria artística. Premio Pedigree Festival de Cans 2017 pola súa traxectoria artística e compromiso social.




Proxectos nos que traballa Miguel de Lira