Projects
OBRADOIRO-AUDICIÓN PARA PERSOAS XORDAS

Despois de obras como “Helen Keller, a muller marabilla?” ou “As Fillas Bravas de Momán”, desde o grupo de teatro Chévere seguimos apostando por facer espectáculos accesibles para as persoas xordas, integrando a lingua de signos en escena. A nova obra que estamos preparando estrearase no mes de febreiro de 2026. O título da obra é “Ictus, a Derradeira Leición do Dr. Castelao”. E será tamén un espectáculo accesible e inclusivo.
Nesta ocasión temos a intención de incorporar a persoas nativas dentro da obra para que realicen o signado en escena e participen na acción escénica xunto ao resto de actrices e actores.
Para iso, organizamos este taller: para compartir o noso proxecto e coñecer a persoas xordas interesadas en participar nunha obra de teatro profesional. Isto implica estar dispoñible para os ensaios da obra durante os vindeiros meses de decembro, xaneiro e febreiro, que faremos en Santiago de Compostela e Ames, así como para a xira por Galicia e o resto de Comunidades Autónomas ao longo de 2026 e 2027.
DIRIXIDO A
Persoas xordas interesadas en traballar profesionalmente no teatro.
NÚMERO MÁXIMO DE PARTICIPANTES
12
CANDO
Sábado 11 de outubro 2025
HORARIO
11h a 14h e 16h a 18,00h
ONDE
Rúa da Queimada 49, baixo. 15703 Santiago de Compostela.
SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN
A participación no taller é de balde e a inscrición farase a través do correo info@grupochevere.eu ou enviando unha mensaxe ao teléfono 628474557 indicando no asunto “Taller Chévere” e facilitando nome e apelidos.
O taller contará con presenza de dúas intérpretes de lingua de signos.
O taller contará con participación de Patricia de Lorenzo, Xesús Ron e Borja Fernández.