Projects
Acto de presentación da nova obra de Chévere no Culturgal
O sábado 29 de novembro ás 19h faremos un pequeno acto de presentación do novo proxecto escénico de Chévere para 2026: ICTUS (anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao). O acto consistirá nunha breve e simbólica acción de desembalaxe e unha presentación das liñas mestras da obra. Contará coa participación de Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Borja Fernández e Xron. Desenvolverase no espazo do Teatriño do Culturgal. Se tedes pensado visitar o Culurgal, non esquezades esta cita se queredes coñecer como estamos diseccionando o cadro de Castelao para contar unha historia sobre traumas e alteracións da memoria.
A obra aínda está de cheo na fase de ensaios, que se desenvolverán principalmente durante os meses de decembro, xaneiro e febreiro de 2026. A estrea será os días 20, 21, 22 de febreiro de 2026 en Compostela, no Auditorio de Galicia. En breve comunicaremos as funcións que temos confirmadas a partir desa data.