O día que as mulleres gobernemos o mundo todo será distinto
- En escena: Patricia de Lorenzo
"O día que as mulleres gobernemos o mundo, todo será distinto." Este é o nome que decidimos poñerlle a este proxecto educativo, didáctico, teatral... dirixido especialmente a centros de ensino secundaria e adaptable a outros colectivos relacionados cos CIM.
Estamos convencidas do poder que ten o teatro como ferramenta pedagóxica, así que despois de anos de colaboración entre a empresa de consultoría Promove e a compañía de teatro Chévere, creamos esta charla dramatizada onde unha consultora e unha actriz colaboramos para educar en Igualdade.
En escena unha consultora disposta a dar unha charla. Ao carón, súa madriña interesada por escoitar á afillada.
Madriña e afillada atrapan a un público interesado por coñecer as posturas enfrontadas entre unha e outra.
O público, deixándose levar polo que escoita, vai reflexionando sobre conceptos como a igualdade de oportunidades, os roles sociais de homes e mulleres, os estereotipos de xénero ou o feminismo.