Teatro

Citizen I (maiorías silenciosas)

Data de estrea: 06-10-2010

Unha produción Chévere co apoio de: AGADIC, Concello de Santiago de Compostela, INAEM. O noso agradecemento a Óscar, Paco Bixou, Lola, Dominga, Amalia, Estrella, ás mulleres cooperativistas de Harmonía e Millenium, ao Padre Jorge, a Belén, a Fátima.

Javier Vallejo
El País, 13 de febreiro de 2013
Shakespeare en la Costa da Morte: Citizen recrea la peripecia del fundador de Zara con el uso de una enorme variedad de recursos

Prado Campos
El confidencial, 25 de maio de 2015
Españoles, Franco ha muerto... Inditex ha nacido

Natalia González de Uriarte
3 de marzo de 2016
"Galicia fue el laboratorio de pruebas de la actual deslocalización de Zara"


Teatro por capítulos

Estamos en 1975. Franco morreu. Sara, unha estudante comprometida no movemento antifranquista, foxe da policía e refuxiase nun baixo que está sendo reformado para abrir como tenda de roupa. Alí atópase co seu dono, A.O., un empresario afastado da realidade política do momento e disposto a conquistar un imperio. Ela está exactamente onde lle corresponde estar. Él non ten posición. Ela é dun lugar do que vén fuxindo. El xa esqueceu de onde vén, pero sabe exactamente a onde quere chegar. Imos contar unha historia da Transición a partir dunha estraña coincidencia histórica: a morte de Franco e a apertura das primeiras tendas de Zara en A Coruña ocorren no mesmo ano, separadas por unhas poucas semanas.

Citizen é teatro de texto. De actor e actriz. É teatro documental. Performance. Comedia. Audiovisual. Pero sobre todo, é teatro. Un xogo entre o que pasa de verdade no escenario e o que dubidamos se pasou ou non nas nosas vidas. É o que para nós significa facer teatro aquí e agora. Citizen inspírase no Citizen Kane de Orson Welles. Esta película conta a historia de Charles Foster Kane, un empresario norteamericano da comunicación que chegou a ser unha das persoas máis ricas e poderosas do mundo no primeiro terzo do século XX. A nosa obra conta a historia de A.O., un empresario galego do textil que se converte nunha das persoas máis ricas do mundo no último terzo do século XX.