Audiovisual

Pepe O'Inglés

Chévere na televisión

Trátase dunha comedia de situación gravada con público. Pepe (Miguel de Lira) é un home fascinado por todo o inglés que rexenta un taller de reciclaxe e leva unha vida caótica argallando inventos con Suso (Xron), un seu axudante de lóxica peculiar. Xunto a eles sempre está Negreira (Manuel Cortés), un seu amigo taxista, visceral en todo e amante das rancheiras. A súa vida mudará cando chega unha nova veciña á casa do lado do taller, Pilar (Patricia de Lorenzo), unha muller metódica, ordenada e legalista, que chocará desde o principio con Pepe. A serie amosa tamén a vida dun barrio que se resiste a perder a súa personalidade e sucumbir aos ataques da especulación. O taller de Pepe é o bastión principal desa resistencia: un solar que mantén sen vender a pesar das ofertas dos construtores.