O Navegante
- En escena: Xron, Manuel Cortés
- Idea e creación: Chévere
- Dramaturxia e dirección: Xron
- Escrita: Cristina Ferreirós, Manuel Cortés
- Espazo sonoro: Óscar Álvarez
- Iluminación: Óscar Álvarez
- Música: Kozmic Muffin
- Escenografía: Chévere
- Voces: Patricia de Lorenzo
- Vestiario: Carlos Alonso
Unha produción Chévere coa axuda do IGAEM
O Proxecto Navegante achéganos ás sensacións, peripecias e pensamentos dun feto humano gracias a MATRIZ 2001, un programa que traduce os impulsos eléctricos neuronais en palabras. Somos testemuñas dunha misión intergaláctica cara ó descoñecido na que un feto-cosmonauta terá que enfrontar situacións derivadas tanto do seu crecimento, como de factores alleos representados polo control médico e a manipulación bio-tecnolóxica da vida.
O Navegante é un paso máis no sentido contrario ás agullas do reloxo. Unha pura invención. Unha obra para adultos planeada por nenos. O Navegante é a o mesmo tempo un traballo sobre o corpo humano, sobre a viaxe e sobre a descuberta. Unha montaxe construída sobre as fronteiras do teatro para poder ser calquera outra cousa. Un feto convertido en cosmonauta medra e viaxa á descuberta de novos mundos, atravesando situacións que poden alterar a súa traxectoria vital e que nos pode contar todo o que sente e toca. Unha peza que nos sitúa nun mundo de ciencia ficción anacrónico, pero que tamén nos interroga sobre un futuro acosado polo control tecnolóxico da vida e a súa mercantilización.