Amores Prohibidos 2.0
- Idea e creación: Chévere
- Dramaturxia e dirección: Xron
- Escrita: María Yáñez, Xron, Manuel Cortés
- Comunicación: Xana García
- Caracterización, maquillaxe: Fany Bell
- Produción executiva: Patricia de Lorenzo
- Vídeo: Cuco Pino / Quadra producións
- Produción: Juancho Gianzo, Rubén Varela
- Asesoramento/adestramento dixital: María Yáñez
- Soporte web: A navalla suíza
- Adestramento teatral: Miguel de Lira, Xron
Alumnado do IES A Cachada de Boiro participante: Loreto Abalo, Lara Blanco, Marco Casal, Elena Castro, Álex Davila, Raúl Deira, Xacobe Galbán, Alejandra Galbán, Paula García, Laura García, Nají Adrián Gatbache, Sara Hermo, Carla Miranda, Sandra Morais, Emma Ordóñez, Lucía Outeiral, Iris Pérez, Lois Pimentel, Gean Carlo Riobó, Natalia Sánchez, Aldara Suárez, Cristina Suárez, Laura Triñanes, Lúa Triñanes, Irene Vicente.
Amores Prohibidos 2.0 é unha obra de teatro participativa e interactiva, adaptada a internet, que usa como escenario tanto localizacións reais como as redes sociais e Redenasa.tv, unha plataforma de creación e difusión cultural creada por Chévere. Os personaxes comunícanse entre eles mediante vídeos, fotos, chats, audios e mensaxes que comparten a través das súas contas nas redes sociais, converténdose nun diálogo aberto á interacción do público. Amores Prohibidos 2.0 é un proxecto innovador no eido escénico español co que se quere incrementar o acceso e a disponibilidade de contidos culturais en galego en internet.
AP-2.0 é unha versión de Romeo e Xulieta, o clásico de William Shakespeare sobre o amor, o odio e a reconciliación. Nós adaptamos a historia ao tempo e ao lugar no que vivimos: Xulieta e Romero son alumnos dun instituto dunha vila galega no ano 2012. E o enfrontamento entre Montescos e Capuletos sirve para achegarse ao conflito lingüístico creado polo goberno galego entre os que defenden e os que atacan o dereito a usar a lingua galega. A acción trascorre ao longo de cinco días, que é a duración da historia orixinal de Shakespeare, contando todos os acontecementos en tempo real. Reducimos os personaxes aos seis principais para facilitar o seguemento a través das redes sociais e incorporamos a figura de Xespir como moderador, asumindo funcións de community manager.
En AP-2.0 experimentamos con prácticas de creación abertas e colaborativas. Apostamos por crear un equipo de traballo amplo no que participou voluntariamente un grupo de 24 adolescentes de entre 13 e 16 anos, xunto a un grupo de profesionais do teatro, do xornalismo e das redes sociais, o profesorado do IES A Cachada de Boiro e algúns pais e nais. Entre todas e todos fómoslle dando forma a esta historia, creamos os personaxes, debatemos sobre os conflitos de fondo, escollemos localizacións, repartimos papeis, tarefas e responsabilidades. E fixemos público todo o proceso a través do blog http://redenasa.tv/gl/amores-prohibidos/, das redes sociais e da propia plataforma Redenasa.tv.
O noso agradecemento á ANPA do IES A Cachada de Boiro e ao profesorado que facilitou e colaborou no proxecto: Fernando Blanco, Cristina Blanco, María Constantino, Silvia García, Ana Moreiras, Berta Gómez, José Manuel Hermida, Pilar Hermo, Joaquín Morales, Mariano Muñiz, Carme Robledo, Mª Carmen Rodríguez