Teatro

A rutina é o deber de todas as criaturas

Data de estrea: 04-12-1998

Un divertimento músico-estupefacto que recolle o espírito do refraneiro orixinal, do mesmo título, creado por Manuel Cortés, no que texto, ritmo e melodías só poden ser interpretadas dunha única maneira: o espello no que nunca nos vemos reflectidos. Tópicos, mitos, frases feitas e xogos de palabras sobre bechos e animais que falan, sen embargo, de comportamentos e prexuízos moi humanos. Vacas, pavos, galiñas, cucos, ovellas, víboras, porcos, ratos, cariocas, lagartas, baleas, cans e gatos din moito, son tan pouco, do noso destino como criaturas.
 
O espectáculo confórmase como un poema escénico interpretado por unha actriz, un actor, dous músicos e un elemento discordante chamado M'. E de feito é un recital fragmentado en 12 secuencias breves, cada unha delas creada a partir dun poema e dun animal, cun desenvolvemento musical propio, cun fondo fotográfico diferente e cun movimento escénico característico.