Teatro

Clownfútbol

Data de estrea: 01-07-2000

Unha co-produción de Chévere e Compostela Capital Europea da Cultura 2000.

Unha tropa de clowns amigos viron a final da Liga de Campións e ao día seguinte deciden con moito entusiasmo xogala eles mesmos. Desde o espírito do clown crean o seu propio estadio e recrean, con moito corazón, todos os personaxes que se poden atopar nun campo de fútbol en un partido de verdade. Un espectáculo que reproduce todas as situacións dun partido de fútbol coa particular loucura do clown, case sen palabras, cheo de cor e movimento, risas e bágoas, éxitos e fracasos.