Teatro
Humana
Data de estrea:
13-03-2001
- En escena: Patricia de Lorenzo, Javier Abraldes
- Escrita: Manuel Cortés, Xron
- Iluminación: Óscar Álvarez
- Son: Óscar Álvarez
- Música: Javier Abraldes
Que Ana Pudor é a personaxe máis influinte no mundo da canción e o cabaré dos últimos cincuenta anos, é como dicir que Javi Abraira é o punto de referencia obrigado na guitarra do último século: unha obviedade. Co Show Sincero recorreron xuntos escenarios de todo o planeta: Santiago, Coruña, Vigo, Allariz, Madrid, Tenerife, Palma de Mallorca, Euzkadi, Porto, Bueu, Barcelona... O éxito foi arrollador. Agora regresan cunha nova montaxe na que Ana se nos presenta máis reflexiva e comprometida, máis madura e incisiva. Javi non.