Radio universo
- Idea e creación: Chévere
- Escrita: Manuel Cortés, Carlos Santiago, Paula Carballeira, Xron
- Espazo sonoro: Xurxo Pinheiro, David F. Vieites Hevi
- Voces: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Xron, Chiqui Pereira, Paula Carballeira, Carlos Santiago
Unha coprodución de Chévere e a Nasa para o Festival Alternativa 2002. Agradecementos: Nazaret López
Unha proposta de creación colectiva que reúne a xente que escribe, actúa, dirixe, fai música e edita o son co fin de xerar un texto totalmente novo e plural. A idea é traballar sobre un formato de serial radiofónico, adoptando as formas e as maneiras dun xénero popular como a ciencia ficción para armar unha historia de humor satírico, unha provocación contra estes tempos de mesquindade, mediocridade e censura latente. Galicia século XXL. Desde a Lanzadeira EVAX1 (Estación de Vixilancia Aeroespacial Xeoestratéxica) do Monte Gaiás, acaba de ser enviada ao espazo a primeira nave 100% galega para colonizar os últimos confíns do universo.
Espectáculo de teatro radiofónico sobre a primeira misión galega ao espazo exterior.
Dez capítulos de quince minutos emitidos por Cadena Noroeste en marzo de 2002.