Teatro
Tentacular
Data de estrea:
01-06-2006
- En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Xron, Mónica García, Manuel Cortés, Natalia Outeiro "Pajarito", Xacobe Martínez Antelo, Pablo Trasno, Alfi, Xosé Perozo, Fernando Abreu, Marcos Viascón, Manuel Cebrián, Marcelino Galán, Max Gómez, Chiqui Pereira, Paula Carballeira, Quico Cadaval, Víctor Mosqueira, Evaristo Calvo, Pablo Sánchez Pérez, Carlos Sante
- Idea e creación: Chévere
- Dramaturxia e dirección: Xron
- Caracterización, maquillaxe: Fany Bell
- Iluminación: Fidel Vázquez
- Produción: Carmen Fernández
- Son: Xurxo Pinheiro
- Música: Xacobe Martínez Antelo
- Escenografía: Carlos Alonso
- Vestiario: Carlos Alonso
- Vídeo-proxeccións: Roi Fernández, Isaac Cordal
Tentacular é un espectáculo musical, teatral, circense e audiovisual de gran formato, con ambientación submarina, feito dentro dunha carpa de circo, con participación de 42 artistas de distintas disciplinas e procedencias. O espectáculo forma parte da caravana da Cultura Circula, un proxecto cultural itinerante que inclúe dúas grandes carpas de circo, un pasarrúas, un autobús de hackeractivismo, obradoiros, proxeccións, concertos... O proxecto achegou a carpa a oito cidades e vilas galegas e o pasarrúas a outros 16 concellos repartidos por toda Galicia.