Audioguía ficcionada en O Pindo (Carnota)
- Idea e creación: Chévere
- Dramaturxia e dirección: Xron
- Escrita: Xron, Manuel Cortés
- Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo
- Produción: Promove Consultoría
- Postprodución de son: Son Pedrouzos
- Voces: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Víctor Mosqueira, Tone Martínez, Ricardo de Barreiro
- Documentación: Xron
- Tradución: Chévere , Interlingua
Unha produción de Chévere en co-produción coa Confraría do Pindo, co apoio dos concellos de Carnota, Dumbría, Fsterra e o GALP Costa da Morte. O noso agradecemento a toda a veciñanza do Pindo que compartiu con nós a súa memoria e experiencia de vida, especialmente a Xil Caamaño.
Esta audioguía ficcionada forma parte de Contos do Mar, un proxecto participativo que quere poñer en valor o patrimonio inmaterial vinculado á cultura mariñeira. Unha iniciativa da Confraría do Pindo e dos concellos de Carnota, Dumbría e Fisterra, que conta co apoio do GALP. O obxectivo é achegar un retrato sonoro do territorio e da forma de vida da poboación nos últimos cen anos. Produto dun coidado proceso de documentación identifícanse feitos, personaxes e espazos representativos da historia cotiá, para transmitir a idiosincrasia e a esencia do lugare escollido: O Pindo, no concello de Carnota.
Esta é unha invitación a realizar un paseo autoguiado, que se pode facer en grupos pequenos, en parella ou individualmente e sen concertar cita previa. As audioguías son relatos ficcionados e teatralizados, sempre ligados aos espazos polos que discorre o paseo, posibilitando unha inmersión emocional na paisaxe, nas voces e nas historias locais. Só tes que acudir aos puntos de información municipal indicados para cada concello e solicitar os auriculares necesarios para o paseo. Una vez postos, segue as indicacións que están gravadas e xa podes empezar a andar.
O PINDO
O paseo polo Pindo supón a descuberta dun lugar tradicionalmente illado, dunha sorprendente singularidade xeográfica, que garda unha rica historia ligada ao mar e ao monte sagrado do Pindo. Vainos guiar a voz dun vello mariñeiro que coñece os recantos de cada pedra, de cada barco, de cada casa. Con el visitaremos edificios e lugares vencellados a actividades pesqueiras, descubriremos outeiros que foron illas, lagoas perdidas na memoria e costumes enterrados na area da praia. E coñeceremos historias do Monte Pindo que tanto se poden confundir coa lenda, como formar parte dun pasado recente silenciado.
• Punto de saída: Confraría de pescadores do Pindo
• Punto de chegada: Porto do Sinal
• Distancia percorrido: 1.200 m.
• Duración: 47 minutos.
• Dificultade: baixa.