Outros proxectos

Materiais para un arquivo da cultura submarina. Sala Nasa. 1992-2011

Data de estrea: 14-04-2023

Co apoio do Concello de Santiago de Compostela e a colaboración de Editorial Kalandraka e Sala Ártika.

Non hai datas programadas


Ver anteriores datas
DO 14 ABRIL AO 29 XUÑO 2023 NA SALA ÁRTIKA, VIGO

En outubro de 1992 abría as súas portas a Nave de Servizos Artísticos-Sala Nasa, nunha nave industrial abandonada da rúa San Lourenzo, camiño de Fisterra, como testemuña da proximidade do cabo do mundo. Durante vinte anos a Nasa foi un espazo de encontro cidadán, un escenario aberto ás novas expresións da sociedade creativa e un instrumento de axitación cultural que conectou Compostela con axentes creativas de moitos outros lugares. A Nasa forma parte da memoria afectiva dunha xeración que viviu a cultura en primeira persoa, rachando as distancias coas artes vivas, a música en directo, a performance, a poesía, o cabaré... Trinta anos despois xuntamos algúns materiais que dan testemuño da actividade desenvolvida na Nasa, que falan dunha cidade que albiscou a cultura como eixo estratéxico para facela máis habitable. Unha escolma de documentos que forman parte dun arquivo oculto da cultura submarina de Compostela.

Ademais de presentar algúns materiais gráficos e documentos varios, haberá unha proxección de vídeos inéditos con fragmentos de actuacións na Nasa desde 1993 ata 2011.