Salvador
- En escena: Borja Fernández, Laura Iturralde
- Escrita: Borja Fernández, Manuel Cortés
- Espazo sonoro: Borja Fernández
- Iluminación: Laura Iturralde
- Dirección: Borja Fernández, Uxía Vaello
- Deseño gráfico: Isaac Piñeiro
- Axudantía de dirección: Diego Anido
- Espazo audiovisual: Laura Iturralde
- Outras músicas: Pálida, Rosvita
- Asistente dramaturxia: Cláudio Días
Unha produción de Borja Fernández co apoio en residencia das seguintes entidades, centros de exhibición e compañías de artes escénicas: Iberescena 2017, Grupo Chévere-A Berberecheira, Centro Dramático Galego. Espaço Luna Lunera (Belo Horizonte, Brasil) e Teatro Ensalle. Agradecementos a Laura Iturralde, Uxía Vaello, Manuel Cortés, Diego Anido e Cláudio Días.
En 2017 a Berberecheira acompañou o proceso de creación de Salvador, un traballo de Borja Fernández sobre o impacto da emigración e a ausencia dos avós nas xeracións seguintes a partir da figura descoñecida do seu avó Benito, que emigrou a Brasil en 1959 e nunca volveu.
Teatro autobiográfico e documental, resultado dun proceso de investigación no que Borja Fernández usou material da súa propia vida para documentar en escena a historia que quería contar. Un traballo que implicou a reconstrución da memoria persoal e a xestión da intimidade para expoñerse ao mesmo tempo como actor e como persoa.
Salvador afonda no tratamento visual e auidovisual da documentación, propoñendo en escena unha manipulación das imaxes que descobre novos significados para a biografía familiar.
Salvador é un exilio voluntario, articulado coa complicidade dun equipo que colaborou con Borja Fernández en reconstruír un crebacabezas.