Teatro
Salomé
Data de estrea:
01-06-1989
- En escena: Miguel de Lira, Blanca Cendán, Cristina Garabana, Victoria Paz Pitusa, Vicente Mohedano, Xron
- Dirección: Roberto Vidal Bolaño, John Eastham
- Espazo escénico: Roberto Vidal Bolaño, John Eastham
- Música: Xabier Devesa
- Tradución: Pepe Sendón
- Textos: Óscar Wilde
- Adaptación: Roberto Vidal Bolaño, John Eastham
Unha produción do Centro Dramático Galego.
Xudea. Ano XXX D.C. Corren malos tempos nas terras de Palestina e a coroa de Herodes está en perigo. O rei da Capadocia prepara un exército contra el. Os árabes acampan á beira do Mar Morto. Os xudeos están descontentos polos costumes idólatras impostos por Roma. No deserto un profeta anuncia a chegada do novo rei. Na súa fortaleza de Marquerús, Herodes agarda a axuda de Roma e hoxe, con motivo do seu aniversario, ofrécelle un banquete aos xefes das súas tropas, aos seus administradores e aos seus aliados. Con este argumento, o drama histórico escrito por Óscar Wilde convértese nunha disparatada e anacronica opereta clown nas mans de Chévere.