Persons

Blanca Cendán

Actriz e cantante. Formou parte de Chévere durante os primeiros anos. Participou en obras como Supersonic (1988), Salomé (1989, produción do CDG), Río Bravo (1990), I Congreso Internacional de Monstros (1990), Acibeche (1991), Big Bang (1992) e Cabaret Tan Tan (1994). Traballou con compañías como Artello, Morcego e produtoras como Nordesía. Montou a compañía B.B. Producións xunto a Suso Alonso. Tamén participou en numerosas producións audiovisuais, curtametraxes, longametraxes e series de televisión. Dirixiu o Centro Dramático Galego tras gañar o concurso para a praza de dirección (2010-2012).



Proxectos nos que traballa Blanca Cendán