Teatro

Big Bang

Data de estrea: 15-10-1992

Unha co-produción de Chévere e a Nasa, co apoio do IGAEM.

O Big Bang non é o principio do universo. É a explosión alucinante da mente de Joquin e a materialización onírica das súas obsesións sobre un escenario: a física, deus, Einstein, os furados negros, as mulleres, as estrelas enanas brancas, o refugallo galáctico, o tempo, o espazo... Por unha vez o racionalismo científico sucumbe ante o poder da fantasía e a risa. A mente en branco. Nada de números. Déixense transportar nunha viaxe absurda polo espazo e o tempo ata a fronteira final. Ese instante entre o soño e a nada onde todo é relativo.