Teatro

Acibeche / A Vía Rosa

Data de estrea: 01-11-1991

Coproducción de Chévere e o Festival Encontros Europeos No Camiño de Santiago

A Vía Rosa/Acibeche consistiu nunha serie de intervencións escénicas en distintos espazos da cidade planeadas coma se fose a rodaxe de exteriores dun culebrón de televisión, que daquela empezaban a chegar a España (Cristal, Rubí, La Dama de Rosa...). Ao longo de todo un día, un falso equipo de televisión rodaba secuencias dun suposto culebrón en distintas rúas, prazas, pasos de cebra e parques de Santiago de Compostela, coa participación espontánea de paseantes, músicos de rúa e veciñanza. Foi un proxecto feito para o festival Encontros Europeos no Camiño de Santiago.

O culebrón contaba a historia de Acibeche, unha historia humana. Unha telenovela na que se descubre que a vida non é precisamente unha vía de rosas. Porque así é o camiño que convirte a Acibeche, unha muchacha dominicana de procedencia humilde, enganada e maltratada pola vida, nunha orgullosa xoven cuio amor se disputan Segundo Xoán Paulo, un seminarista de brillante futuro baixo a protección do cardeal Bereguela, e Wolfram J.B., o maleado herdeiro dunha inmensa fortuyna. Pero o destino lévase tatuado na pel.